fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Abertos os prazos de inscrición para os cursos sobre o novo regulamento na produción ecolóxica

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organizan unha serie de relatorios sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022. Serán impartidos pola empresa Agronovo durante os meses de setembro e outubro.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a nova normativa en produción animal (bovino, avícola, ovino-cabrún, apícola e porcino) e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos.

Este novo Regulamento simplificará as normas de produción. Ademais, garantirá unha competencia leal para os agricultores e evitará a fraude aos consumidores. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para a correcta evolución e consolidación do desenvolvemento agroalimentario ecolóxico.

Cada curso celebrarase en xornada única, cun total de 7 horas de duración, con contido teórico en sesión de mañá (10:00-14:00 horas) e contido práctico en sesión de tarde (15:30-18:30 horas), con visita a explotacións ecolóxicas.

As datas dos cursos son:

  • 14 de setembro en Vimianzo (A Coruña)
  • 16 de setembro en Curtis (A Coruña)
  • 21 de setembro en Meira (Lugo)
  • 23 de setembro en Baralla (Lugo)

Estas actividades son totalmente gratuítas, están abertos a calquera persoa interesada. Toda a información e inscricións en Agronovo.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.