• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Consello

Coñece máis sobre a nosa organización, os nosos obxectivos e as entidades colaboradoras

CRAEGA | Productos certificados

CRAEGA

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é a autoridade de control de Galicia e a súa función principal é auditar e certificar os produtos agroalimentarios ecolóxicos na nosa comunidade autónoma.

Ademais debe xestionar o rexistro dos operadores ecolóxicos galegos, promover o consumo de alimentos ecolóxicos e divulgar os sistemas de produción ecolóxica.

Cabe destacar que o CRAEGA é unha entidade de carácter público e sen ánimo de lucro, atopándose representados o sector produtivo, o elaborador, o comercializador e a propia Administración galega.

Os ingresos proceden das cotas dos operadores tal e como establece a normativa europea de produción ecolóxica e, ao tratarse de funcións públicas conferidas pola administración, o CRAEGA tamén pode financiarse mediante as axudas da consellería competente en materia agraria.

Organigrama

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) está composto por tres niveis, o órgano de goberno, o órgano executivo e o órgano de control.

Os órganos de goberno do CRAEGA son: o pleno, a presidencia, as vicepresidencias e a comisión de goberno.

Ademais para o seu funcionamento contará cun nivel executivo formado por: a secretaría, a dirección técnica, o comité de certificación e o comité consultivo.

O nivel operativo ou órgano de control está formado polos departamentos de comunicación, administración, o xestor de calidade e os técnicos/auditores.

Organigrama CRAEGA Organigrama CRAEGA

– Relación nominal do Consello Regulador –

    • D. Francisco López Valladares Presidente

    • D. José Antonio Fernández Álvarez Vicepresidente

      Doña Rocio Freire Rodríguez Vicepresidente

    • Representantes de empresas agrarias de produción vexetal

    • D. José Antonio Fernández Álvarez Vogal

      D. José Antonio López Pampín Vogal

    • Representantes de empresas agrarias de produción animal

    • D. José Angel Regueiro Real Vogal

      Doña María Concepción Blanco Montecelo Casa Bertolo S.C

      D. Luis López Rodríguez A Rosela S.C

    • Representantes de empresas elaboración e/ou envasado

    • D. Sotero Sampedro Castro Celtaverde S.L. Censo C.1

      D. Tomás Casquero Cimadevila Hifas da Terra S.L. Censo C.2

      D. Julio Domínguez Fernández Leche de Galicia S.A. Censo C.3

      Doña Rocio Freire Rodríguez Alibos Galicia S.L Censo C.3

      D. Álvaro Pérez-Lafuente Suárez Conservas Antonio Pérez Lafuente S.A. Censo C.3

    • Representante de empresas importadoras e/ou comercializadoras

    • D. Juan Carlos Juncal Piñeiro Dime Salnés S.L.

    • Representante das Autoridades competentes:

    • D. Rafael Pérez Prados Servicio Provincial de Lugo del IPA

      D. Ramón Damián Fernández Conchas Servizo de Mercados da Consellería do Mar

    • D. Javier García Lozano Secretario

    • D. Antonio Eduardo Pérez Méndez Xestor de calidade

    • D. Manuel M. Cancio Álvarez Director técnico

      Susbtituta: Doña. Marta García Ponte.

    • Comité de certificación

    • D. Manuel M. Cancio Álvarez

      D. Antonio Velilla de la Loma

      Doña. Marta Cela Sangil

    • Susbtitutos: Doña. Marta García Ponte, D. Gonzalo José Rodríguez Abuín e D. Ramón Jesús Lamelo Otero.

    • Comité consultivo

    • Doña Celia Otero Raña Representante de C.G.C.U.

      D. Ana Fernández González Representante de Ingacal

      D. Guillermo Martínez Ruiz Asociación de productores

    • Susbtitutos: D. Manuel Pérez Arias, D. Alfonso Ferreiro Velo, D. Javier Villanueva López e D. Rafael Ribadulla Varela.

Regulamento de funcionamento

O funcionamento, ordenación e composición do CRAEGA queda descrito nos seguintes documentos:

– Funcións do CRAEGA –

  • Aplicar o sistema de control do R (UE) 2018/848, como organismo de control autorizado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Velar polo correcto uso dos termos protexidos a través do R (UE) 2018/848, en colaboración cos servizos de control da calidade da consellería competente en materia de agricultura. Para o exercicio desta función, os inspectores habilitados do CRAEGA, debidamente acreditados, terán a consideración de axentes da autoridade, de acordo co establecido no artigo 54.1o da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

  • Difundir o coñecemento e a aplicación dos sistemas de produción ecolóxica e dos produtos ecolóxicos.

  • Propoñer á consellería competente en materia de agricultura actuacións en materia de produción agraria ecolóxica.

  • Propoñer á consellería competente en materia de agricultura as normas relativas ao funcionamento do CRAEGA e a súa modificación.

  • Propoñer á consellería competente en materia de agricultura para a súa aprobación, o Manual de calidade, procedementos operativos e instrucións técnicas do CRAEGA, en diante Manual de calidade, documento en que se recollerán as normas complementarias de aplicación, en particular as relativas á implementación do proceso de control e certificación.

  • Xestionar os rexistros de operadores.

  • As demais funcións que se recollen con carácter xeral para os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade no artigo 14 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, na medida en que sexan compatibles coa natureza da produción ecolóxica.

O CRAEGA poderá ofrecer aos operadores inscritos servizos de certificación de producións ecolóxicas de acordo con outras normas diferentes ás recollidas polo R (UE) 2018/848 e aplicables en terceiros países (normas JAS, NOP, BIO SUISSE e outras) para facilitar a súa exportación. Ademais, tamén poderá ofertar outros servizos relacionados co seu ámbito de competencias tras o acordo do pleno e a autorización da consellería competente en materia de agricultura.

O CRAEGA poderá recomendar a utilización de produtos distintos dos definidos no R (UE) 2018/848 que interveñan na obtención destes, directa ou indirectamente. Tamén poderá recomendar o uso de determinados servizos prestados ás explotacións e aos operadores inscritos nos rexistros do Consello Regulador e a actividade de determinados establecementos comerciais ou da hostalaría destacados pola súa vinculación e fomento da agricultura ecolóxica e dos produtos ecolóxicos. Este apoio do CRAEGA farase efectivo mediante a cesión do uso da indicación «produto/servizo/establecemento recomendado polo CRAEGA, de acordo coas condicións que se establezan no Manual de calidade do Consello Regulador.

Memorias anuais

Resumos anuais do volume de ventas dos produtos ecolóxicos certificados polo CRAEGA.

(Preme sobre o ano e consulta os detalles)

Certificación ENAC

A produción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúe un método diferenciado de produción de alimentos, que é conveniente regular asegurando a transparencia en tódalas fases, tanto da mesma produción como da elaboración e comercialización, por iso, dende o CRAEGA sentímonos orgullosos de contar coa Acreditación ENAC, recoñecemento formal a nivel internacional que demostra o bo facer da nosa labor e xera confianza tanto, nos consumidores como nos produtores ecolóxicos.

ENAC

– Que é a acreditación ENAC? –

A acreditación ENAC é a ferramenta establecida a escala internacional para xerar confianza sobre a correcta execución dun determinado tipo de actividades denominadas “Actividades de Avaliación da Conformidade” e que inclúen ensaio, calibración, inspección, certificación ou verificación entre outras.

– Por que existe a acreditación? –

O valor das actividades de avaliación da conformidade depende en gran medida da credibilidade dos avaliadores que as realizan e da confianza que o mercado e a sociedade en xeral teña neles. Para lograr esa confianza e credibilidade é preciso establecer un mecanismo independente, rigoroso e global que garanta a competencia técnica dos devanditos avaliadores e a súa suxeición a normas de carácter internacional. E iso é exactamente no que consiste a acreditación.

Entidades colaboradoras

Estes son algúns dos nosos colaboradores e empresas afiliadas.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.