fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O selo

O selo de garantía CRAEGA é a etiqueta que identifica aos alimentos ecolóxicos certificados en Galicia

CRAEGA | O Selo de garantía

Garantía do selo CRAEGA

O selo de garantía CRAEGA é a etiqueta que demostra que o alimento foi producido de maneira respectuosa co medio ambiente sen a intervención de elementos, compoñentes ou procesos químicos. Obtense despois de demostrar de maneira fidedigna que o produto é totalmente ecolóxico, con controis en cada fase da produción, elaboración e comercialización cumprindo coa normativa do REGULAMENTO (UE) 2018/848 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO.

Como identificalo?

Para recoñecer os alimentos ecolóxicos, orgánicos ou bio (os 3 termos significan o mesmo), temos que fixarmos na súa etiqueta.

A etiquetaxe do produto ten que ser visible no envase e conter as seguintes referencias:

  • O logotipo ecolóxico europeo.

    Unha folla perfilada con estrelas sobre fondo verde.

  • No caso de alimentos certificados en Galicia, obrigatoriamente o código do órgano de control (ES-ECO-022-GA) e o selo CRAEGA que así o certifique.

  • O lugar de procedencia dos ingredientes, que poden ser:

    AGRICULTURA UE, cando as materias primas son da Unión Europea.

    AGRICULTURA NON UE, cando os ingredientes son de terceiros países.

    AGRICULTURA UE/NON UE, cando a procedencia é mixta.

Alimentos ecolóxicos certificados

Por que consumir alimentos
ecolóxicos certificados?

  • Aposta pola calidade

    Os alimentos son producidos en condicións saudables para as persoas, os animais e as plantas, respectando os ciclos de crecemento conservando así o seu sabor natural, as súas propiedades organolépticas e conseguindo un alimento de máxima calidade.

  • Benefíciate do maior valor nutritivo

    Os alimentos ecolóxicos presentan maior contido de proteínas, vitaminas e de minerais.

  • Pensa na saúde

    Só se utilizan ingredientes ecolóxicos e aditivos de orixe natural, respectando o equilibrio interno do noso corpo, evitando que os elementos químico-sintéticos de síntese podan interferir nas nosas hormonas.

  • Potencia o natural

    Son alimentos non modificados xeneticamente e o cultivo e a cría fanse con técnicas de produción respectuosas co entorno, conservándoo e protexéndoo.

  • Garante o futuro

    Son alimentos “limpos” nos que non se utilizan herbicidas, fertilizantes químicos nin fitosanitarios que contaminen a terra, a auga e o aire.

  • Protexe o benestar animal

    Os animais desfrutan de condicións dignas, cunha superficie mínima por animal, fican libres de gaiolas e dispoñen de acceso ao aire libre. Teñen unha alimentación de orixe ecolóxica e a limitación do uso de antibióticos ou tratamentos hormonais.

  • Aporta economía

    Cada alimento ecolóxico certificado que consumes axuda as comunidades locais no seu desenrolo, facendo posibles proxectos economicamente sostibles que fixen poboación no rural.

  • Coida do medio ambiente

    A produción de alimentos ecolóxicos axuda a preservar a biodiversidade e a mitigar o cambio climático.

  • Escolle seguridade

    Son producidos baixo regulacións agroecolóxicas e son verificados por unha entidade independente. En Galicia, o Craega é o organismo responsable de realizar as inspeccións, tomar mostras de control en cada fase da produción e outorgar a certificación.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.