Trámites e documentación para operadores inscritos
Listado de trámites e documentación para os operadores ecolóxicos xa inscritos no CRAEGA
Para dar cumprimento ao punto 7.10 da norma ISO/IEC 17065:2021 e como medio para garantir que o CRAEGA notifique a todos os seus clientes os cambios no esquema de certificación, tanto pola introdución de novos requisitos como por novas revisións, utilízase a web www.craega.es onde atoparás nas seccións “Regulamentos, normativas, resolucións e guías” e “Oficina Dixital” os documentos sempre actualizados para a túa consulta.
Ademais, todos os empadroados no CRAEGA recibirán un aviso cando se produzan novos requisitos ou revisións para que poidan ser consultados nesta páxina web.
Últimos documentos actualizados: Procedemento 4 “Control e Certificación”, Norma técnica de Acuicultura e Procedemento 8 “Xestión de obrigas, incumprimentos e medidas disciplinarias”. Data xuño 2023.
O CRAEGA pon a súa disposición a documentación que debe cumplimentar para solicitar os distintos trámites dispoñibles.
– Elixe o tipo de solicitude –
-
Cadernos de campo
Todos os operadores inscritos nos rexistros de produción do CRAEGA e no caso de que tomen os seus propios rexistros deben levar un control das actividades que realizan conforme ao establecido na Normativa, e/ou se o desexan, poden usar o seguinte caderno que vos presentamos.
-
Ampliación
– Solicitude de ampliación e/ou modificación –
– Formularios (ANEXOS) por actividade a certificar –
-
Cambio de titularidade
O operador deberá comunicar, coa debida antelación ao Consello Regulador, o cambio de titularidade do expediente e solicitará ao CRAEGA este cambio de titularidade, asinado polo antigo e polo novo titular segundo o modelo (FPOC-09/03).
O novo titular facilitará todos os datos necesarios para este cambio, así como a documentación que o CRAEGA estime oportuna.
Para ter dereito á tramitación do cambio de titularidade, o titular deberá:
-
Estar inscrito no CRAEGA.
-
Ter o expediente ao corrente de pagamentos.
-
Estar ao corrente coas obrigas referidas no Regulamento de Funcionamento do CRAEGA.
-
Non ter o expediente suspendido de certificación, nin en proceso de suspensión, nin estar pendente do envío de accións correctivas.
Presentar os seguintes documentos:
-
Copia do DNI do novo titular ou representante da empresa.
-
Copia das escrituras onde se recolla a designación do actual representante da empresa.
-
Copia da Tarxeta de Identificación Fiscal.
-
Copia da solicitude de cambio da titularidade nos rexistros correspondentes a actividade a desenrolar.
A inscrición por cambio de titularidade implica, para o novo titular, a obriga do pagamento da cota por prestación de servizos de control e certificación sen descontos. Non será válido o cambio de titularidade mentres non se realice este pago.
O novo titular, anualmente, pagará a cota de renovación na data do cambio de titularidade.
-
-
Autorización de sementes
No caso da autorización de material de reprodución vexetal non obtidos polo método de produción ecolóxico, o cliente dirixirá ao CRAEGA a solicitude pertinente (FPOC-04/03) antes do emprego deste material de reprodución.
Despois do estudo da solicitude e de comprobar o cumprimento das condicións establecidas no punto 1.8.5.1 – Parte I – Anexo II do Regulamento (UE) nº 2018/848, responderáselle ao solicitante, autorizando ou non o uso do material de reprodución vexetativa non obtidos polo método de produción ecolóxico, segundo proceda.
A variedade para a que se solicita a autorización non debe encontrase na seguinte base do Ministerio.
Deberán terse en conta as consideracións referentes á solicitude de autorización de material de reprodución vexetal non ecolóxico, listadas no reverso da solicitude.
-
Fichas de novos produtos
– Novo produto –
As industrias inscritas que decidan elaborar un novo produto deberán enviar a ficha de elaboración e/ou envasado, xunto o esquema da liña de produción e a nova etiqueta para a súa previa aprobación.
– Venda directa –
No caso de industrias acollidas ao rexistro de venda directa de produtos primarios, deberán enviar a ficha de novos produtos de venda directa, xunto o esquema da liña de produción e a nova etiqueta para a súa previa aprobación.
– Comercializadoras/distribuidoras –
As empresas comercializadoras/distribuidoras inscritas que decidan comercializar un novo produto deberán enviar a ficha de novos produtos comercializados/distribuídos, xunto coa nova etiqueta para a súa previa aprobación se é o caso.
– Importadoras/exportadoras –
As empresas importadoras/exportadoras inscritas que decidan importar un novo produto deberán enviar a ficha de novos produtos importados/exportados, xunto coa nova etiqueta para a súa previa aprobación se é o caso.
– Agrupacións de operadores –
As agrupacións de operadores rexistrados que decidan comercializar un novo produto deberán remitir a ficha de novos produtos comercializados por Grupo de Operadores xunto coa nova etiqueta para a súa aprobación previa, se é o caso.
– Almacén –
As empresas de almacén rexistradas que decidan almacenar un novo produto deben enviar a ficha de novos produtos almacenados.
– Minoristas –
As empresas minoristas rexistradas que decidan comercializar un novo produto deberán enviar a ficha de comercialización de novos produtos.
-
Autorización de mutilacións
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Autorizacións de atado
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Recoñecemento de inicio de periodo de conversión
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Reposición de animais
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Solicitude de material identificativo (volantes, precintos e contraetiquetas)
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Solicitude do uso da marca en publicidade
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Solicitude de sinalización de parcelas
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Solicitude de utilización do logotipo
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Plan de acción correctiva
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
– Cotas –
Consulta aquí as cotas para cada un dos trámites co CRAEGA:
– Laboratorios homologados –
De acordo co establecido na Norma ISO/IEC 17065:2012 no seu punto 6.2.2.4.f, cando o CRAEGA subcontrate os ensaios, o laboratorio elixido deberá cumprir os requisitos aplicables da Norma ISO/IEC 17025 e, polo tanto, deberá ser un laboratorio acreditado por ENAC e, en consecuencia, cumprir o disposto na ENAC NT-13 “Utilización de Laboratorios por Entidades de Certificación”.
Achegamos a relación de laboratorios homologados polo CRAEGA, no caso de que che resulte útil (busca un laboratorio onde remitir unha mostra contraditoria, estar informado da devandita subcontratación no caso de que queiras opoñerte, etc.)
– Manual de calidade –
-
Recursos, reclamaciones e litixios
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Folla de reclamación
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Folla de recurso
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
– Procedementos operativos de calidade –
-
Procedemento 4 – Control e certificación
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Procedemento 6 – Utilización da marca CRAEGA
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Procedemento 7 – Identidade gráfica do logotipo
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Procedemento 8 – Xestión de obrigas, incumprimentos e medidas disciplinarias
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.
-
Procedemento 9 – Xestión da inscrición nos Rexistros
Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.