Agricultura ecolóxica
A mellor maneira de coidar o noso entorno é cos produtos ecolóxicos e sustentables
Que é agricultura ecolóxica?
A agricultura ecolóxica, tamén chamada orgánica ou biolóxica, é un sistema de xestión agraria de produción baseado na premisa de obter alimentos de máxima calidade, máis naturais, saudables e nutritivos sen usar produtos químicos de síntese nin organismos modificados xenéticamente.
Por iso, a agricultura ecolóxica tende a ter un impacto ambiental mínimo xa que os produtos foron producidos e elaborados segundo a normativa europea da agricultura ecolóxica, estando controlados en todo o seu proceso, cultivo, elaboración, envasado, comercialización…
Na produción vexetal utilízanse prácticas e técnicas agronómicas, biolóxicas e mecánicas, tanto innovadoras como tradicionais, que evitan a contaminación do ambiente e aumentan a fertilidade e a actividade biolóxica do chan. Na produción animal, a gandería ecolóxica garante o máximo nivel de benestar animal e o respecto dos ciclos biolóxicos dos animais.
– Obxectivos da agricultura ecolóxica –
– Comparativa agricultura
convencional / ecolóxica –
-
Agricultura convencional
Agricultura Ecolóxica
-
Empréganse produtos derivados do nitróxeno. Como consecuencia dun uso excesivo destes compostos elévanse as concentracións de nitratos en tecidos vexetais, que xeran contaminación tanto no chan como na auga.
O restablecemento da fertilidade natural do chan lévase a cabo mediante esterco, abonos verdes ou favorecendo a fixación de nitróxeno de maneira biolóxica.
-
Cultivo fóra de época e aumento das superficies de monocultivos, que favorecen a aparición de pragas, virulencias e resistencias, o que leva a un aumento da necesidade de empregar tratamentos a base de pesticidas.
Cultivo en tempada e desenvolvemento de técnicas alternativas que inclúen a rotación de cultivos, asociación entre diversos tipos de cultivos e policultivos, eliminando así os produtos químicos de sínteses.
-
O uso excesivo de fitosanitarios provoca un aumento da resistencia de pragas e outras enfermidades, aparición de novas pragas, eliminación de fauna auxiliar útil e acumulación progresiva no chan, entre outras consecuencias.
Emprego de substancias de orixe natural, facilmente biodegradables, que se atopan incluída nas normativas correspondentes.
-
Eliminación dos sebes, de maneira que se facilita a mecanización dos cultivos.
Uso de sebes como refuxio para a fauna auxiliar e, por tanto, como fonte de biodiversidade.
-
Pérdida de variedades locais a favor do uso de variedades híbridas (modificadas xeneticamente)
Cultivo de variedades locais, que se atopan adaptadas ás condicións do medio no que se van a cultivar e que ademais poden ser máis resistentes a pragas e enfermidades. O cultivo de híbridos está permitido, a condición de que as sementes obtéñanse baixo procesos regulados nas normativas.
-
Ofrece produtos en cantidade.
Ofrece produtos de alta calidade.

Por que é interesante
para o agricultor?
A agricultura ecolóxica presenta una serie de vantaxes que a fan dun gran interese para o agricultor/produtor:
Ofrécelle aos consumidores e a sí mesmo un produto san e de máxima calidade.
Conséguese traballar nun ambiente sen contaminación e máis equilibrado, sen os riscos de toxicidade que lle pode acarrear a agricultura convencional e sen esquilmar os recursos naturais, o que asegura a utilización dos mesmos tanto no presente coma ás futuras xeracións.
Atende a crecente e imparable demanda de produtos ecolóxicos, tanto nos mercados máis inmediatos como no conxunto do mercado mundial, xa que son máis valorados e normalmente mellor pagados que os produtos convencionais.
É importante estar informado das normas de produción ecolóxica e coñecer as medidas que hai que tomar para garantir o seu cumprimento, podes consultar a normativa aquí:
Galicia ECO (datos de interese)
– Superficie ecolóxica en Galicia –
Na última década medrou a superficie ecolóxica en Galicia un 198%, pasando de 15.242 ha no ano 2012 a 45.626 ha no ano 2022.

As provincias interiores, Ourense e Lugo acaparan o 83% do total da superficie inscrita en agricultura ecolóxica en Galicia.
-
2.870ha
Pontevedra
-
5.050ha
A Coruña
-
14.320ha
Ourense
-
23.385ha
Lugo
– Operadores ecolóxicos galegos –
(produtores, elaboradores e comercializadores)
-
1506 operadores inscritos en 2022
-
12% máis que o ano anterior
O sector eco galego ten dous polos territoriais: a provincia de Lugo que leva o peso da produción con 458 operadores e a de Pontevedra que leva o peso da industria con 131.
– Produtos ecolóxicos galegos –
Os produtos de orixe animal son os máis representativos na nosa comunidade e supoñen o 57% do total: o leite en primeiro lugar, seguido das carnes, conservas de peixe e ovos.
Aínda que nos últimos anos ten un importante crecemento a produción vexetal, con crecemento nos tubérculos, recolleita silvestre e a horticultura que tanto demanda o consumidor.
– Directorio de produtos e operadores ecolóxicos –
No noso directorio, poderás encontrar os produtos e operadores ecolóxicos inscritos e certificados por CRAEGA.