fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega anima as entidades galegas a participar na iniciativa da Ifoam ao redor do Día da Agricultura Eco da UE

En 2021 a Comisión Europea estableceu o 23 de setembro como o Día da Agricultura Ecolóxica da UE, como parte do Pacto Verde Europeo. Dende o Craega aplaudimos esta acción, pois o feito de marcar no calendario un día dedicado á agricultura ecolóxica permitirá visibilizar a vital importancia do consumo dos productos ecolóxicos, nomeadamente na situación socioeconómica na que nos atopamos.

Cando falta algo máis dun mes para a súa celebración, a IFOAM Organics Europe está a convocar as entidades e organizacións para preparar iniciativas e eventos ao redor desta data sinalada. A entidade  europea recollerá todos estes proxectosdaralles visibilidade a través da súa páxina web e as súas redes sociais. Algunhas das primeiras actividades xa se poden consultar nun mapa interactivo.

‘FALEMOS DO ECOLÓXICO’

Co fin de inspirar á formulación de actividades, IFOAM Organics Europe organizou unha sesión exclusiva para membros. Baixo o título «Falemos do ecolóxico: Día da Agricultura Ecolóxica da UE», o evento levarase a cabo o 10 de agosto de 14:00 a 15:00 horas (baixo inscrición previa).

Información completa en Bioeco Actual

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.