Xornada de produción, comercialización e distribución de produtos hortofrutícolas

Onte celebrouse unha xornada de produción, comercialización, e distribución de produtos hortofrutícolas na sede do Craega, en Monforte de Lemos.

O presidente do Craega, Francisco López Valladares, inaugurou unha xornada na que empresas de distribución, cooperativas agrarias, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a Administración, compartiron as súas experiencias e abordaron temas como: a situación da distribución dos produtos hortofrutícolas en Galicia, posibles formas de impulsar o sector, a asociación ou agrupación para a comercialización, e o balance das accións promocionais e apoios dispoñibles por parte da administración, entre outras cousas.

Os produtores asistentes tiveron a ocasión de compartir as súas impresións, ampliar coñecemento e abrir novas vías de comercialización. Unha xornada cualificada como moi proveitosa segundo o público asistente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *