Xa somos 10.000 nas nosas redes sociais!

A páxina de Facebook do Craega xa alcanzou os 10.000 seguidores e só podemos darlles as grazas a todas as persoas que formades parte disto. Aos operadores, produtores, tendas que comercializades os produtos certificados e a toda esa xente que merca os produtos e se interesa por coñecer máis sobre o noso labor.

Nestes últimos meses as nosas redes sociais foron gañando cada vez máis seguidores, posto que en Instagram superamos os 3.000 seguidores. Unha mostra de que a produción ecolóxica está medrando e calando na sociedade. Desde o Craega traballamos para darlles visibilidade aos nosos produtos, que contan coa certificación que lles dá seguridade aos consumidores de que teñen nas súas mans produtos de calidade.

Tamén no ano que pechamos hai uns días abrimos a conta de Tik Tok, que pouco a pouco vai medrando.

Grazas a todas as persoas que nos seguides nas nosas redes sociais e que apoiades o traballo que facemos. Agardamos seguir medrando neste 2022 e que cada vez sexamos máis.