fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O XX Tríatlon de Pontevedra acolleu os mellores triatletas galegos

O Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon e o Campionato Xunta de Galicia de Remudas Mixtas celebrados esta fin de semana en Pontevedra contaron coa presenza da maioría dos mellores triatletas galegos, internacionais e campións mundiais como Iván Raña, Pablo Dapena, Anneke Jenkins, Natalia Castro, Elsa Pena, Ainoa Gontán, Andrés Cendán, Antón Ruanova ou Andrés Prieto.

O cinco veces campión mundial Javier Gómez Noia non estivo presente na proba, pero si na entrega de premios, xunto co presidente da Fegatri e o concelleiro de Deportes de Pontevedra.

Na proba masculina, o campión galego foi Pablo Dapena e o segundo posto foi para Andrés Cendán, ambos do Cidade de Lugo Fluvial. Andrés Prieto, do A.D. Fogar, acadou a terceira posición. Na proba feminina, Anneke Jenkins, do Cidade de Lugo Fluvial, proclamouse campioa galega, completando o podio Natalia Castro (Náutico de Narón) e Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial).

A proba de remudas foi intrigante ata o último momento, no que o Tríatlon Inforhouse Santiago acadou a vitoria, seguido polo Náutico de Narón e o Olímpico de Vedra.

Durante a proba déronselles agasallos aos deportistas: mochila, toalla de microfibra ou bidón de bebida, en función das diferentes saídas. Ademais, déronse os maillots de Campións Galegos aos dous absolutos individuais (masculino e feminino) e aos catro campións da remuda mixta.

Vídeo da proba

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.