• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

A Xunta mantén o peche dos mercados locais

A Xunta mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios e está á espera de resposta por parte do Goberno central para proceder á súa reapertura. A actividade quedou suspendida o 24 de marzo a través dunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

O texto fai fincapé en que se fomentará a venda de produtos agrícolas e gandeiros por “medios alternativos que non impliquen presenza física”, é dicir, por vía telefónica ou correo electrónico. Engade que os pedidos deben ser “servidos polo produtor no domicilio do consumidor, e que eviten o desprazamento de persoas pola vía pública”.

Pola suspensión de apertura non se verían afectadas as tendas especializadas en comercio ao retallo de flores, plantas, sementes e fertilizantes. Medio Rural concreta tamén que poderán seguir en funcionamento os establecementos que se adiquen á comercialización de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais. Así mesmo, os que comercialicen plantóns hortícolas poderán practicar venda ambulante e desprazarse ás localidades onde teñen os seus clientes.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.