Cambio de titularidade nos rexistros do CRAEGA

O operador deberá comunicar, coa debida antelación ao Consello Regulador, o cambio de titularidade do expediente.
Solicitará ao C.R.A.E.GA. este cambio de titularidade, asinado polo antigo e polo novo titular, e segundo o modelo (FPOC-09/03).
O novo titular facilitará todos os datos necesarios para este cambio, así como a documentación que o C.R.A.E.GA. estimar oportuna.

Para ter dereito á tramitación do cambio de titularidade, o titular deberá:

-Estar inscrito no C.R.A.E.GA.
-Ter o expediente ao corrente de pagamentos.
-Estar ao corrente coas obrigas referidas no Regulamento de Funcionamento do C.R.A.E.GA.
– Non ter o expediente suspendido de certificación. nin en proceso de suspensión nin estar pendente do envío de accións correctivas.
-Presentar os seguintes documentos:
– Copia do D.N.I. do novo titular ou representante da empresa.
– Copia das escrituras onde se recolla a designación do actual representante da empresa.
– Copia da Tarxeta de Identificación Fiscal.
– Copia da solicitude de cambio da titularidadenos rexistros correspondentes a actividade a desenrolar.

A inscrición por cambio de titularidade conleva, para o novo titular, a obriga do pagamento da cota por prestación de servizos de control e certificación sen descontos. Non será válido o cambio de titularidade mentres non se realizar este pago. O novo titular, anualmente, pagará a cota de renovación na data do cambio de titularidade.

Descargar cambio de titularidade