Autorización de sementes

No caso da autorización de material de reprodución vexetal non obtidos polo método de produción ecolóxico, o cliente dirixirá ao C.R.A.E.GA. a solicitude pertinente (FPOC-04/03) antes do emprego deste material de reprodución.

Despois do estudo da solicitude e de comprobar o cumprimento das condicións establecidas no punto 1.8.5.1 – Parte I – Anexo II do Regulamento (UE) nº 2018/848, responderáselle ao solicitante, autorizando ou non o uso do material de reprodución vexetativa non obtidos polo método de produción ecolóxico, segundo proceda.

A variedade para a que se solicita a autorización non debe encontrase na seguinte base do Ministerio: https://www.mapa.gob.es/app/EcoSem/ConsultaSemillas.aspx

Deberán terse en conta as consideracións referentes á solicitude de autorización de material de reprodución vexetal non ecolóxico, listadas no reverso da solicitude.

Descarga autorización de utilización de material de reprodución vexetal.