Traloagro, unha tenda na que realizar toda a túa compra

Traloagro, en Lugo, é unha tenda na que se pode realizar a cesta da compra sen necesidade de percorrer varios locais. Ten produtos de proximidade e directamente mercados ao produtor, nun espazo aberto e no rural, para que non haxa desapego coa súa filosofía e historia produtiva. Instalacións con madeiras nobres e coidando o detalle, intentando, no posible, o “zero waste” e con moitos produtos a granel. Ademais, empregan bolsas de papel reciclado para a embalaxe e papel alimentario e bandexas biodegradables, para as carnes e elaborados. En canto á formación, organizan seminarios ou cursos para dar a coñecer os beneficios de certos alimentos e da alimentación ecolóxica.

Traloagro ten dividido o seu negocio en tres puntos. Por un lado está a carnicería ecolóxica, localizada na Praza de Abastos de Lugo, que abriu en xullo de 2019. Dispoñen da venda de carnes ecolóxicas ao corte e elaborados realizados nas instalacións de Friol. Ademais, teñen outro tipo de produtos complementarios, todos eles ecolóxicos e certificados, como son aceites, mel, conservas, queixos, chourizos, especias etc. Este posto está atendido por unha das socias, Ana María Lozano Burgo.

Logo está a ecotenda, aberta en decembro de 2019 no polígono de Friol. Neste centro hai carne ao corte, elaborados de produtos cárnicos e teñen 1.200 referencias de produtos, todos eles ecolóxicos. E por último, anexo á ecotenda encóntrase o biocentro cárnico, con sala para despece e a elaboración de todo tipo de produtos cárnicos. Aquí contan con tres empregados e unha das socias Isabel Gómez Rodríguez. As instalacións están certificadas por Slow Food, o que garante que a maioría dos produtos son de proximidade, e ademais tratan que sexa unha relación directa de compra co produtor.  

Dende os inicios apostaron por produtos certificados e foron incrementando a variedade ata chegar as referencias actuais, algúns deles coñecíanos polos propios produtores, outros pola demanda da clientela. A última incorporación que fixeron foi a categoría vegana. Hai que destacar que a maioría dos que ofrecen están certificados polo Craega.

Ao dispoñer de todo tipo de produtos, contan con clientela moi variada. Pero afirman que os consumidores das carnes son de maior idade (entre 30 e 70 anos), os consumidores de alimentos frescos, como froitas e verduras, son de mediana idade (35 a 55 anos) e os consumidores de produtos mais innovadores como a gama Gourmetagro son mais novos (30-50 anos).

CONTACTA!

As súas instalacións atoparalas entre Lugo e Friol e nas súas redes podes saber máis sobre eles (Facebook e Instagram).