Marcos Vázquez Marey, doutorando da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e labrego, é un dos pioneiros no que a produción ecolóxica se refire, pois adheriuse ao selo Craega en 1998, tan só un ano despois do nacemento da nosa entidade. A súa explotación, Casa de Vázquez, con máis de dous séculos de historia, sitúase na parroquia lucense de Trasliste (Láncara) e nela inclúese dende o ano 2019 o Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica (Muvicla).
A produción de Casa de Vázquez oriéntase, ademais de ao autoconsumo, á gandería de carne e a un dos produtos estrela da temporada, a mazá. Precisamente, falamos con el na sección “De temporada”, incluída no número 58 da nosa revista, sobre o cultivo deste froito, que produce na Froilana, a horta máis pequena… ou será a máis grande da súa casa?
A fin de semana do 9-10 de outubro outro equipo capitaneado por Slow Food Compostela realizou a terceira viaxe para gozar dunha nova ruta co fin de dar a coñecer de preto e poñer en valor os produtores e elaboradores certificados en ecolóxico, desta vez ao longo da provincia de Lugo.
Os deportistas convidados desta volta foron Antón Ruanova e Amador Pena, triatleta profesional dobre subcampión de España (2010 e 2013) e campión do Brasil e Sudamérica (2016), e Amador Pena, director deportivo e atleta da recentemente creada sección de atletismo da SD Compostela.
Os restaurantes onde degustaron produtos ecolóxicos da zona foron Berso-restaurante, en Sober, cun menú composto de entrecot de tenreira ecolóxica de Traloagro maridado co mencía premiado de Abadía da Cova, e tamén flan de castañas ecolóxicas, procedentes de Naiciña.