“Desde 1999 as nosas mazás van camiño de Chantada e con certificación eco”

Marcos Vázquez Marey, doutorando da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e labrego, é un dos pioneiros no que a produción ecolóxica se refire, pois adheriuse ao selo Craega en 1998, tan só un ano despois do nacemento da nosa entidade. A súa explotación, Casa de Vázquez, con máis de dous séculos de historia, sitúase na parroquia lucense de Trasliste (Láncara) e nela inclúese dende o ano 2019 o Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica (Muvicla).

A produción de Casa de Vázquez oriéntase, ademais de ao autoconsumo, á gandería de carne e a un dos produtos estrela da temporada, a mazá. Precisamente, falamos con el na sección “De temporada”, incluída no número 58 da nosa revista,  sobre o cultivo deste froito, que produce na Froilana, a horta máis pequena… ou será a máis grande da súa casa?

Cóntanolo nas seguintes páxinas.