fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O DOG anuncia os requisitos para que os comercializadores minoristas a consumidor final de produtos eco a granel queden exentos de certificación eco

  •  As devanditas vendas non deben superar 5.000 kg ao ano.
  •  As devanditas vendas non representarán un volume de negocios anual de produtos ecolóxicos sen envasar superior a 20.000 euros.
  •  O custo potencial de certificación da persoa operadora non debe superar o 2 % do volume de negocios total de produtos ecolóxicos sen envasar vendidos por ela.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen normas en relación coa comercialización dos produtos ecolóxicos no mercado retallista e, especificamente, fíxanse determinadas exencións en relación cos requisitos que, con carácter xeral, deben cumprir as persoas operadoras que realizan esta actividade.

Así, todos os operadores que comercialicen produtos ecolóxicos envasados directamente ás persoas consumidoras finais quedan exentos da obriga de notificación da súa actividade ao Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e de estar en posesión do certificado esixible aos operadores ecolóxicos, sempre que a súa actividade sexa de venda ao consumidor final e non realicen outras operacións co produto.

En canto aos operadores comercializadores que vendan directamente produtos ecolóxicos non envasados que non sexan pensos  —os comunmente denominados graneis—, quedan eximidos da obriga de estar en posesión do certificado sempre que a súa actividade sexa de comercialización. Ademais, deben cumprir requisitos como non superar os 5.000 kg ao ano de vendas ou non ter un volume de negocios anual de produtos ecolóxicos sen envasar superior aos 20.000 euros. O custo potencial de certificación da persoa operadora supere o 2 % do volume de negocios total de produtos ecolóxicos sen envasar vendidos por ela.

A orde publicada no DOG recolle que todos comercializadores retallistas que comercializan produto a granel a consumidor final deberán notificar a súa actividade ao Craega: os que se atopan nas situacións de exención mencionadas farano mediante o anexo adxunto na propia orde; o resto deberase someter ao control de certificación do Craega.

Así mesmo, A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), como autoridade competente en materia de produción ecolóxica, coordinarase con aquelas autoridades competentes responsables do control oficial no mercado para establecer os protocolos, mecanismos ou procedementos oportunos co obxectivo de que os operadores exceptuados sexan sometidos ao control oficial, para verificar o cumprimento dos requisitos para esas exencións. Nestes protocolos daráselle cabida á participación activa do Craega.

DOG, Orde do 12 de setembro

 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.