• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega celebrou o seu pleno en Vilanova de Arousa coa presenza de diversas autoridades

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) organizou o pasado venres día 27 un pleno ordinario de fin de trimestre, que se adoita celebrar anualmente, no Pazo de Vista Real de Vilanova de Arousa.

 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde; o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, asistiron ao pleno do Craega. Deste xeito, o Goberno galego reforza o seu compromiso coa promoción e a difusión do consumo de produtos ecolóxicos.

O Craega, que conta cunha oficina técnica na localidade para dar servizo á multitude de operadores da zona, certificou 45.459 hectáreas de produción ecolóxica en 2024, con 1.016 produtores e 256 operadores, alcanzando un valor estimado de 111,3 millóns de euros. O ámbito de actuación deste distintivo de calidade abrangue toda Galicia, garantindo o control e a trazabilidade dun modelo produtivo sustentable e respectuoso co medio ambente e co benestar animal.

Ao remate do pleno levouse a cabo unha degustación de produtos ecolóxicos certificados organizada polo Obradoiro de Hostalaría de Vilanova de Arousa.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.