LABORATORIOS COLABORADORES

De acordo co establecido na Norma ISO/IEC 17065:2012 no seu punto 6.2.2.4.f, cando o CRAEGA subcontrate os ensaios, o laboratorio elixido deberá cumprir os requisitos aplicables da Norma ISO/IEC 17025 e, polo tanto, deberá ser un laboratorio acreditado por ENAC e, en consecuencia, cumprir o disposto na ENAC NT-13 “Utilización de Laboratorios por Entidades de Certificación”.

Adxuntamos a relación de laboratorios homologados polo CRAEGA, no caso de que che resulte útil (busca un laboratorio onde remitir unha mostra contraditoria, estar informado da devandita subcontratación no caso de que queiras opoñerte, etc.)