fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Isabelle Gómez, de Traloagro: “A produción ecolóxica, para min, é o único sistema produtivo que debería haber”

A xerente e socia de Traloagro, Isabelle Gómez, naceu en Bruxelas, lugar a onde emigraron seus pais dende Galicia. Hai xa máis de dez anos que ela e o seu irmán se asentaron na nosa terra, concretamente en Friol (Lugo), onde comezaron un novo proxecto como produtores de carne ecolóxica.

 

Cal foi a túa principal motivación para vir ata Galicia e comezar a comercializar carne en ecolóxico?

A volta aos orixes, como todo bo galego emigrante, e querer volver á terriña. Foi unha decisión da familia, volver ás orixes e volvemos aquí a, Traloagro, que é o lugar onde está asentada a casa dos avós paternos.

Como resumirías o teu camiño profesional? Cóntanos a túa historia.

Cando volvemos, tanto meu irmán coma min, namorámonos do entorno. Non sabiamos a que nos iamos a dedicar, pero si sabiamos que tiña que ser aquí, un proxecto que se puidese desenrolar neste entorno tan bonito que temos aquí, en Traloagro.

Non somos de familia gandeira, si que os avós tiñan gandería aquí na casa, e decidimos emprender en gandería bovina. Dous anos despois, no 2012, comezamos coa gandería avícola. O que si tiñamos claro era que tiña que ser en ecolóxico.

Que importancia ten producir en ecolóxico? Que significa para ti?

A produción ecolóxica, para min, é o único sistema produtivo que debería haber. Non digo que todo o mundo debería, pero polo menos que se empregue un sistema respectuoso co medio.

No noso caso, é algo que traïamos innato, quizais pola cultura de Bruxelas, que é onde nos criamos, e para min é todo o importante do proxecto, non? Non soamente é sacar un produto certificado en ecolóxico, senón o que iso leva consigo, que é o coidado do medio, o custo do territorio, benestar animal… Todo o que ten que ver cunha produción deste tipo.

“Non soamente é sacar un produto certificado en ecolóxico, senón o que iso leva consigo”

Pensaches nalgún momento en cambiar de traxectoria?

Non. Estou moi convencida do meu proxecto, sei que é o noso proxecto de vida, tanto para meu irmán como para min, e é algo polo que apostamos firmemente, pola produción e pola comercialización da nosa carne ecolóxica e doutros produtos en ecolóxico tamén.

Que lle dirías a unha muller que, coma ti, está pensando en adentrarse dentro deste sector? Que consello lle darías?

O consello é sentilo, non? Sentir ese proxecto dentro dun, de que realmente é o que quere facer. Está claro que despois o sistema produtivo para min é idóneo e é moi fácil de levar adiante; quizais hai que cambiar algunhas percepcións que traemos impostas como o sistema máis intensivo, e cambiar un pouco a metodoloxía tanto do manexo do gando, como do manexo do pasto, pero vamos, que para diante, que isto é o futuro.

 

E falando de futuro, cales son os teus plans de cara ao futuro? Manterse, cambiar en algo, mellorar…

Sempre estamos pensando en mellorar, non? Sempre estamos aprendendo. Ademais, paréceme súper importante estar abertos a outras opinións de expertos, ir probando tamén tanto no manexo do pasto, como do gando, estar atentos ao tema da comercialización, innovar en novos produtos e ofrecer unha maior gama destes. Paréceme moi interesante estar sempre en constante movemento e aprendizaxe, e mellorando, por suposto.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.