fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Anaís Rivas e J. Pablo Díaz vencen o IV Acuatlón de Poio

O IV Acuatlón do Concello de Poio celebrouse o sábado 11 de setembro. Os vencedores e campións galegos absolutos foron Anaís Rivas, do Tríatlon Rías Baixas, e Juan Pablo Díaz, do Tríatlon Inforhouse Santiago. Aarón Ortiz, do Tríatlon Rías Baixas, proclamouse campión galego de Paratriatlón na modalidade de acuatlón.

Pola súa parte, o club A.D. Náutico de Narón vencía por clubs femininos, mentres que o Tríatlon Inforhouse Santiago facíao na categoría masculina. En canto aos vencedores veteranos, foron María Mareque (Club Hércules Termaria) e Pedro Bernárdez (Tríatlon Vilagarcía/Atenas Running). Así mesmo, os campións sub 23 foron Miriam Trigo (A.D. TriPenta Terras de Lugo) e Leo Suárez (Tríatlon Inforhouse Santiago).

Na proba, que contaba coa colaboración do Craega, repartíronse mochilas e bidóns de bebida a todos os deportistas. Ademais, os campións galegos individuais, tanto da categoría masculina como feminina, recibiron unha camisola.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.