Agacal organiza un curso sobre embalaxe

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) prepara un curso formativo sobre as claves para aumentar o valor do produto, ademais dunha visión estratéxica no etiquetado e no envoltorio. Ofrecerán casos prácticos e reais cos sectores implicados na embalaxe.

O programa aborda o etiquetado e selo de calidade, que supón un valor engadido; responde a como crear marca para os produtos; a marca no papel embalaxe e embalaxe loxísticas; tipos de impresión, tendencias e custos; coñecemento do etiquetado, acabados, cuños e posibilidades de impresión; a marca no vidro e madeira e, por último, as posibilidades creativas e solucións de exportación.

Desde a organización permiten tres opcións de datas para a celebración destes talleres. A primeira será os días 15, 16, 22 e 23 de outubro; a segunda os días  5, 6, 12 e 13 de novembro e a última o 19, 20, 26 e 27 de novembro. O horario será en todas as opcións igual: os venres de 16:00 a 20:30 horas e os sábados de 9:00 a 20:30 horas. Cabe destacar que a realización dos cursos está supeditada ao número mínimo de alumnado.

Cubre o formulario para as diferentes opcións e envíao a feiras.medio-rural@xunta.gal.

Formulario opción 1

Formulario opción 2

Formulario opción 3