Curso de comercialización de pequenos froitos na Estrada

O departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza un novo curso sobre a Comercialización de Pequenos Froitos. Levarase a cabo no viveiro de empresas (edificio Novo Mercado) da Estrada o 6 de novembro. O horario será de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 horas.

O obxectivo é dar a coñecer o estado do mercado do pequeno froito e axudar a entender as posibilidades de comercialización a través das novas canles, así como as novas tendencias e demandas do mercado neste ámbito. A xornada servirá para saber sobre o novo regulamento de axuda ao desenvolvemento rural, así como aspectos relativos á comunicación ambiental, como o cambio climático.

Pola mañá haberá charlas sobre a situación o mercado de produto de pequenos froitos, o novo regulamento e a comunicación ambiental de produtos ecolóxicos. Finalizarase cunha charla. Pola tarde, haberá unha visita a campos de produción de Berries Galicia.

Para asistir é necesario cubrir este formulario e envialo a clientes@sinerxia.es