fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

A superficie ecolóxica mundial crece máis que nunca

En 2022, a superficie mundial de agricultura ecolóxica aumentou en máis de 20 millóns de hectáreas e alcanzou os 96 millóns. Así mesmo, tamén subiu o número de produtores en ecolóxico, superando a cifra dos 4,5 millóns. As vendas de alimentos eco alcanzaron case os 135.000 millóns de euros. Estes datos foron extraídos da nova edición do anuario estatístico The World of Organic Agriculture, publicado por FiBL e IFOAM-Organics International.

 

As cifras que estamos a expoñer foron proporcionadas por 188 países, e os países onde máis se rexistraron os aumentos foron Australia e India.

 

A finais de 2022, 96,4 millóns de hectáreas estaban baixo xestión ecolóxica. Co cal, o aumento é dun 26,6 % en comparación co ano 2021. Australia amosou un gran crecemento e segue sendo o país que ten maior superficie de agricultura ecolóxica, seguido da India. Porén, cabe resaltar que a superficie de agricultura ecolóxica medrou en todos os continentes. 

As cifras máis interesantes a destacar son as seguintes:

  • 22 países xestionan ecoloxicamente o 10 % ou máis das súas terras agrícolas.
  • O número de produtores ecolóxicos en todo o mundo é de 4,5 millóns.
  • O mercado mundial de produtos eco chega case aos 135.000 millóns de euros.
  • Hai 75 países que xa teñen lexislación sobre agricultura ecolóxica, con plans de acción ou outras medidas para promover este tipo de agricultura.

O futuro pasa pola produción eco!

 

 

Fontes:

https://www.bioecoactual.com/2024/02/13/superficie-ecologica-mundial-alcanza-los-96-millones-de-hectareas/ 

https://agroecologia.net/publicadas-las-estadisticas-mundiales-2023-sobre-agricultura-ecologica/ 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.