Guía para mercar ao produtor eco desde a casa

Agricultores e gandeiros están a cobrar especial relevancia durante o estado de alarma que mantén á poboación confinada. Base da cadea alimentaria, a súa actividade queda garantida durante a vixencia do Real Decreto 436/2020, sempre e cando se respecten as medidas impostas para impedir o avance do Covid-19.

Moitos dos produtores ecolóxicos certificados polo Craega manteñen o servizo de venda directa ao consumidor (por e-mail ou teléfono) e levan o pedido ata o domicilio. Nesta guía é posible atopar opcións dispoñibles para mercar alimentos con selo sen saír da casa. Directorio en constante actualización.


REBULIDOIRO GRANXA ECO

Área xeográfica: Silleda (Pontevedra), Compostela e Teo (A Coruña).

Produtos: verza, col, cabaza, remolacha, allo porro, cebola tenra, acelga, etc.

Web: https://www.facebook.com/rebulidoirogranxa/

Pedidos: rebulidoiro@gmail.com | 688428670


TRASDEZA NATUR

Área xeográfica: Silleda (Pontevedra).

Produtos: cultivos de horta variados, segundo a tempada. 

Web: https://www.trasdezanatur.com

Pedidos: formulario web | 648168786


VIVAZ PLANT

Área xeográfica: Galicia.

Produtos: aguacate e zume de mazá (a partir de setembro, dispón de mazá eco galega). 

Web: http://www.vivazplant.com

Pedidos: info@vivazplant.com | 687654844


PECADO DE OUTONO 

Área xeográfica: España. 

Produtos: castaña en diversos formatos (deshidratada, picón e fariña). 

Web: https://www.pecadodeoutono.es

Pedidos: pecadodeoutono@hotmail.es | 659499570


TORGO  

Área xeográfica: sureste de Pontevedra e sureste de Ourense (presta servizo a domicilio só durante o estado de alarma). 

Produtos: viño branco Torgo (albariño 100%) e viño branco Torgo & Tal (albariño, loureira e treixadura). 

Web: https://www.torgo.es

Pedidos: info@torgo.es | 629784245


A HORTA DA SANCOVEIGA 

Área xeográfica: Vilalba (Lugo). 

Produtos: hortalizas e ovos. 

Web: http://www.ahortadasancoveiga.com

Pedidos: ana_llalba@hotmail.com | 695914455 (WhatsApp o SMS). 


DO PAÍS 

Área xeográfica: Compostela e comarca. 

Produtos: patacas, millo, trigo e chícharos. 

Web: https://www.dopais.com

Pedidos: pedido@dopais.com | 685855063


ALICORNIO ORGANIC SPIRITS 

Área xeográfica: España peninsular. 

Produtos: augardente e licores ecolóxicos. 

Web: https://www.alicorniolicores.com

Pedidos: info@alicorniolicores.com | 615990386


LABRECOS 

Área xeográfica: Oza-Cesuras. 

Produtos: hortalizas de tempada. 

Web: https://www.facebook.com/labrecoss

Pedidos: labrecos@gmail.com | 696541247

Outros datos: entregas individuais por mensaxería e conxuntas para os grupos da bisbarra de Betanzos e arredores, sempre gardando as medidas de seguridade.


A CORTIÑA DA BOUZA

Área xeográfica: Lugo, Cospeito, Guitiriz, Begonte, Vilalba, Rábade, Castro de Rei e Outeiro de Rei. 

Produtos: hortalizas de tempada e plantón. 

Web: https://www.facebook.com/cortinhadabouza

Pedidos: cortinhadabouza@gmail.com | 659566764