Arquivos da etiqueta: Galletas Daveiga

Conta atrás para despegar cara Biofach 2019

O stand do Craega na anterior edición de Biofach (Foto: Craega)

O Craega ata os últimos flocos para emprender rumbo a Núremberg (Alemaña). O 13 de febreiro levanta o pano Biofach 2019, a maior feira de produción ecolóxica do mundo. Trece operadores de diferentes sectores preparan a súa participación na que de seguro será unha cita clave para o seu afianzamento no mercado exterior.

Cara ao país xermano partirán dentro duns días Connorsa, Conservas Orbe, El Nogal, Jamones González, Galletas Daveiga, Mieles Anta, Pazo de LusíoOrballo Innov. Forestales, Porto-Muíños, Producto de Aldea, Green MixologyThe Bio Factory (A Factoría Ecolóxica) e Coracai. Estarán alí catro xornadas.

Biofach botou a andar en 1990 coa aspiración de converterse nun referente para os profesionais do sector. Na última edición sumou 2.500 expositores e 44.000 visitantes de 129 países. Para as trece empresas galegas representa unha ocasión excepcional á hora de tecer redes internacionais.