Planas presenta a campaña de Alimentos de España “Somos eco-lóxicos”

Este mércores preséntase a nova campaña de Alimentos de España “Somos eco-lóxicos”, para apoiar a produción ecolóxica. O acto terá lugar na Estación de Chamartín (Madrid) ás 10:00 horas e estará presidido polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e será unicamente de forma presencial.

Durante o evento haberá un faladoiro sobre a situación da agricultura ecolóxica e o seu futuro, moderada pola catedrática da Universidade Politécnica de Valencia Dolores Raigón e na que participarán o presidente de Ecovalia, Álvaro Barrera; a presidenta da Asociación Vida Sana, Ángeles Parra; o vicepresidente de Intereco, David Samper, entidade da que somos socios;  a presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica/Agroecología (SEAE), Concepción Fabeiro, e o presidente da Asociación Española de Elaboradores y Comercializadores Ecológicos (ASOBIO), Joan Picazos.