fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O mercado artesanía alimentaria no Nadal en Lugo abre as súas portas esta tarde

A Praza Horta do Seminario en Lugo acollerá dende hoxe e durante toda a fin de semana o mercado artesanía alimentaria no Nadal, organizado pola Xunta de Galicia, que contará con numerosas actividades e con múltiples postos.

 

Esta mesma tarde, a partir das 16:00 horas, o mercado artesanía alimentaria no Nadal en Lugo abrirá as súas portas. Durante toda a fin de semana, os interesados poderán achegarse á Praza Horta do Seminario para desfrutar de todos os postos e actividades programadas nos seguintes horarios: venres de 16:00 a 21:00 horas, sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

A programación inclúe numerosas actividades dirixidas ao público infantil e familiar: xogos, música, teatro, malabares, humor… Ademais, os visitantes poderán mercar produtos artesáns da trintena de empresas produtoras participantes. Cabe resaltar que, cada día, sortearanse tres lotes de produtos certificados co selo que garante Artesanía Alimentaria.

Algunhas das actividades a destacar veñen da man da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), nas que haberá produtos certificados co selo do Craega. As persoas interesadas en participar nestas e nas outras actividades programadas, deben inscribirse previamente a través deste correo electrónico: artesaniaalimentariagalicia@gmail.com

PROGRAMA COMPLETO

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.