fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Madrid saborea as delicias dos produtos eco galegos na 38ª Edición de Biocultura Madrid

Ifema acolleu do 2 ao 5 de novembro a 38.ª edición de BioCultura Madrid. Un ano máis, o Craega estivo presente neste encontro coa finalidade de apoiar os operadores certificados baixo o selo ecolóxico galego.

 

DEZ POSTOS GALEGOS DE CALIDADE NUN EVENTO EXITOSO

Un total de 10 operadores viaxaron o xoves día 2 ata a capital, onde permaneceron ata o domingo día 5, para gozar dunha nova edición de BioCultura Madrid, celebrada en Ifema. Bubela Artesá, Algas La Patrona, Los Sabores del Camino, Sangria Republic, Bodegas Corisca, Sovoral, Celebridade Galega, Algamar, Galuriña e Terra de Baronceli foron as empresas ecolóxicas galegas que formaron parte desta feira xunto co Consello, que apoia os operadores para facilitar a súa asistencia a este tipo de eventos.

“Abre os ollos ao ecolóxico” foi o lema da feira deste ano, co cal queren dar a entender que todo o “bio” non é algo pasaxeiro nin de moda, senón que o interese por este tipo de produtos vai crecendo co paso do tempo e que chegou para permanecer entre nós indefinidamente.

En total, segundo os datos outorgados por Vida Sana, o número de asistentes foi moi destacado e elevado, aspecto que se notou no ambiente durante os catro días. Houbo máis de 400 expositores e máis de 50.000 visitantes, ademais de 300 actividades programadas. A maiores da alimentación ecolóxica, outros sectores que estiveron presentes foron a cosmética e a hixiene eco-natural certificada, casa sa, moda sustentable, eco estilo de vida, saúde e benestar ou ONGs.

 

INTERESE DENDE A CASA REAL POLOS NOSOS PRODUTOS ECOLÓXICOS

Como dato curioso desta edición, cabe resaltar a asistencia da súa maxestade a raíña, doña Letizia, a BioCultura Madrid. O venres día 3 apareceu na feira sen previo aviso e mostrou interese polo noso produto ecolóxico galego. Así, mantivo unha conversa coa fundadora de Algas La Patrona, Cristina García.

 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.