O Craega suspende a súa actividade para frear o avance da COVID-19

Picar na foto para acceder ao Real Decreto 10/2020

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) suspende a súa actividade desde o luns 30 de marzo para frear o avance da COVID-19. O Real Decreto 10/2020, do 29 de marzo, obriga a manter confinados a todos os traballadores de empresas consideradas non esenciais, medida coa que se pretende reducir a mobilidade da poboación e frear a pandemia. 

En cumprimento desta norma, a plantilla desta entidade deixa de acudir ao seu posto de traballo e acóllese ao permiso retribuído recuperable aprobado polo Goberno.

Salvo prórrogas posteriores, a suspensión estenderase entre o luns 30 de marzo e o xoves 9 de abril (ambos incluídos). Para solventar as urxencias que poidan xurdir durante este período, o Craega pon á súa disposición o e-mail craega@craega.es.

Agradecemos a súa comprensión e confiamos en que coa colaboración de todos esta situación se supere o antes posible.