fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega e o IES A Pinguela firman un convenio de colaboración para o desenvolvemento de formación.

O obxectivo do convenio é dar apoio e colaboración aos estudantes para que poidan realizar as súas prácticas escolares nos departamentos correspondentes do Consello Regulador, o que supón para os alumnos a posibilidade de coñecer a realidade das empresas e aplicar in situ os coñecementos recibidos na súa formación. 

Francisco L. Valladares, Presidente do Craega, explica que “ a firma destes acordos con institutos son de grande importancia para o Craega xa que pensando no futuro dos nosos moz@s, cooperamos co seu desenrolo profesional dende os inicios”.

As tarefas que realizará o alumnado en prácticas estarán relacionadas co seu nivel de estudios e formación académica.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.