fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

‘Greenwashing’: disfraces de verde

En liñas xerais, o greenwashing trátase dunha práctica de márketing verde destinada a crear unha imaxe ilusoria de responsabilidade ecolóxica. Neste primeiro artigo sobre o tema desvelamos as principais claves que se agochan detrás deste termo. 

• O greenwashing fai referencia a aquelas prácticas que levan a cabo as empresas co único obxectivo de aumentar os seus beneficios/vendas mediante mercadotecnia verde pero sen realmente levar a cabo unha xestión sustentable de verdade.

• O termo aplícaselles a aquelas empresas que se venden como sustentables pero que en realidade seguen sendo igual de contaminantes que antes de impulsar o seu compromiso ambiental.

QUE SIGNIFICA ESTE ANGLICISMO?

Greenwashing significa literalmente “lavado verde”, tamén chamado ‘ecobranqueo’ e trátase dunha táctica de márketing utilizada para enganar os consumidores facéndonos crer que un produto ou unha empresa son respectuosos co medio ambiente, cando pode que non o sexan.

Úsanse varios termos para referirse a esta estratexia: ecobranqueo, ecobranqueamento, ecopostureo, lavado verde ou lavado de imaxe verde (estas dúas últimas variantes procedentes do termo anglosaxón greenwashing, de green, ‘verde’, e whitewash, ‘branquear’ ou ‘encubrir’) é unha forma de propaganda na que se realiza mercadotecnia verde de maneira enganosa para promover a percepción de que os produtos, obxectivos ou políticas dunha organización son respectuosos co medio ambiente co fin de aumentar os seus beneficios.

PSEUDOECOLOXISMO PARA VENDER, NON PARA MELLORAR

Os esforzos deste xeito de “pseudoecoloxismo” varían desde cambiar o nome ou a etiqueta dun produto para evocar o medio natural sen que variase o seu impacto ambiental ou sobre a saúde, ata as campañas publicitarias multimillonarias que retraten empresas altamente contaminantes como respectuosas coa natureza.

A miúdo, existe evidencia de que unha organización está a realizar un ecobranqueo ao observar as diferenzas de gasto: cando se inviste significativamente máis diñeiro en publicitar ser verde que en prácticas realmente ecolóxicas.

Malia que non é unha práctica nova, o seu uso si aumentou nos últimos anos para satisfacer a demanda dos consumidores que buscan produtos e servizos respectuosos co medio ambiente.

Os críticos suxiren que o aumento do lavado verde, asociado cunha regulación ineficaz, contribúe ao escepticismo dos consumidores, sobre todo o activismo ambiental, e diminúe o poder do consumidor para dirixir ás empresas cara a solucións realmente respectuosas co medio ambiente dos procesos de produción, distribución ou comercialización.

PRINCIPAIS CONSECUENCIAS

• Escepticismo no consumo ecolóxico

• A non contribución real á mellora na redución de GEI nin o cambio climático

Lembra: moitas empresas utilizan o ecobranqueo coma un xeito de reparar a percepción pública da súa marca. A divulgación de información por parte destas realízase de maneira nesgada co fin de maximizar a súa percepción de lexitimidade.

Fontes consultadas

  •  https://www.extradigital.es  
  •  https://climate.selectra.com/ 
  •  https://bloo.media/blog/greenwashing/ 
  •  https://ovacen.com/que-es-el-greenwashing-y-como-funciona/
  •  https://es.wikipedia.org/wiki/Ecoblanqueo 
  •  https://www.ceroresiduo.com/que-es-greenwashing-identificarlo/ 
  •  https://www.eco-huella.com/2015/07/greenwashing.html 

 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.