fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Feijóo anuncia a creación dun selo ‘Galicia Calidade Alimentaria’

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a creación dun selo Galicia Calidade Alimentaria que englobará produtos agroalimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción. Explicou que este distintivo agrupará “o mellor que dá o país, da man de produtores”. Estarán incluídos os produtos con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, marcas de garantía como Galega 100 %, as razas autóctonas e o selo PescadeRías.

Este anuncio tivo lugar durante a presentación da campaña Galicia etiqueta Calidade no marco da I Mostra de Calidade Alimentaria. Feijóo lembrou que, para garantir o futuro dos produtores, a Xunta impulsa medidas como a Estratexia do lácteo e do viño, que xa está en marcha e a da carne na que están a traballar. Ademais, puxo como exemplo do enorme potencial co que conta o rural galego ao complexo de 100 ha do Pazo Quián, que é “espello dun territorio ordenado, dun rural no que convive a tradición e a innovación e que aposta pola formación”.

Dentro das actividades da I Mostra, onte celebrouse unha conferencia e showcooking sobre Ecocoiña, unha perspectiva turística dos produtos de proximidade e de calidade alimentaria galega, impartida pola directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, Marta Fernández. O evento contou coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, e do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos. Ademais houbo degustación de varios produtos e música.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.