Preto dunha quincena de agricultores formáronse en cultivos de horta ecolóxica nun curso da Xunta

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organizou un curso sobre cultivos de verán na horta ecolóxica, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude. Preto dunha quincena de agricultores formáronse en diversos aspectos como a programación e implantación destes cultivos ou a súa posterior comercialización.

Ao longo das 46 horas de duración, o programa abordou temas como as especies e variedades de cultivos hortícolas de primavera-verán, a preparación do terreo e a planificación destas colleitas, as súas infraestruturas de apoio ou a colleita e comercialización de produtos hortícolas ecolóxicos.

Lembramos que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que poden consultarse nesta ligazón.