fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Entrevista a Francisco López Valladares, presidente do Craega

Entrevista a Francisco López Valladares, Presidente do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia (C. R.A.E. GA.).

Que produtos ecolóxicos producidos en Galicia destacarías?

Atendendo ao seu volume de certificación, destacariamos os produtos lácteos, produtos cárnicos procedentes de avicultura e vacún, acuicultura e conservas de peixe. Pero para Craega, todos os produtos son igualmente importantes.

Que importancia ten o apoio institucional no crecemento bio en Galicia?

As Consellerías de Medio Rural e de Mar están a envorcarse co sector, tanto con axudas directas a produtores, como para promoción e certificación a través de Craega. Agora mesmo estase traballando no Plan Estratéxico de Agricultura Ecolóxica, que se presentará proximamente.

Que produtos certificados van cara a exportación?

A exportación, tanto a Europa como a outros países, fundamentalmente conservas de peixe, algas, produtos apícolas, viños, sidras e castañas.

O crecemento do 25 % anual é debido á maior concienciación do consumidor?

O crecemento da produción vén dado pola maior demanda de produto. Unha empresa ou produtor non inicia a comercialización dun produto se non ve unha demanda do mesmo por parte do mercado e os consumidores. E neste momento, o consumidor está informado no que a produtos alimentarios refírese, e demanda produtos máis sans e respectuosos co medioambiente.

Consello Regulador: Público ou Privado?

Desde sempre apostamos porque a certificación sexa pública, que non reciba presións por parte dos produtores e que sexa o máis autónoma posible.

Como pode afectar o novo regulamento ecolóxico europeo aos produtores en Galicia?

En principio vai valorar pero non cremos que haxa que facer cambios moi grandes, e en todo caso todos terémonos que adaptar ao mesmo.

20 Aniversario do Craega

O pasado 20 de decembro o Craega reuniu aos operadores certificados en ecolóxico en Palas de Rei, así como a varios representantes da Administración pública, para conmemorar o vixésimo aniversario da entidade. Asistiron ao acto preto de 300 persoas, no cal se fixo referencia ao pasado, pero, sobre todo, púxose o foco nos desafíos para o futuro do sector.

A granxa Arqueixal (complexo ecoagroturístico), situada na parroquia de Albá, Palas de Rei (Lugo), foi o lugar elixido para a celebración, na que estiveron presentes, entre outros, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Medio Rural, Belén do Campo; a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Ramón Carballo; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o presidente do Craega, Francisco López.

Durante a cerimonia, o presidente do Craega salientou as excelentes cifras do 2017 “Espérase alcanzar os 50 millóns de euros en facturación” e aproveitou a oportunidade para encomiar o traballo do anterior presidente e dos traballadores do Consello, porque sinalou que “este sector non só beneficia aos consumidores, senón tamén ao medio ambiente”.

O delegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, fixo fincapé nos beneficios destes produtos, que “teñen garantías do futuro, como demostra este aniversario, o cal supón unha excelente oportunidade para reflexionar sobre o labor daqueles que apostan pola agricultura ecolóxica”.

Doutra banda, o presidente da Deputación, Darío Campos, comezou cun discurso a favor do rural: “Creo no rural, defendéndoo como valor diferencial da provincia de Lugo”. Seguidamente, felicitou ao Consello e ratificou o apoio da Deputación para seguir promovendo a agricultura ecolóxica co fin de lograr que sexa o máis produtiva posible.

A rolda de intervencións foi pechada pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen resaltou o bo estado de saúde do Craega. Vázquez sinalou que “o rural non é unha ONG, é economía”, de aí a necesidade de seguir traballando para ser cada vez máis rendibles. “A mellor herdanza que lle podamos deixar aos nosos fillos é unha boa alimentación”.

Entrevista: BioEcoActual

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.