fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Constituído o novo pleno do Craega

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidiu hoxe en Monforte de Lemos (Lugo) a constitución do novo pleno do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 13 vogais, os cales decidiron que a presidencia do Consello Regulador a asuma Francisco López Valladares, quen repite no cargo. No tocante á vicepresidencia do sector industrial, revalida o cargo Rocío Freire Rodríguez, de Alibos Galicia, e a vicepresidencia do sector produtor será para Mónica Brey Baltar.

LISTA COMPLETA

  • Presidente: Francisco L. Valladares (Casa Ánxel)
  • Vicepresidenta do sector industrial: Rocío Freire Rodríguez (Alibos Galicia)
  • Vicepresidenta do sector de produción: Mónica Brey Baltar, produtora de mazá

Vogais

  • Alberto Amil Chaves (Horsal Sdad. Coop. Galega)
  • Antonio Muíños Insua (Portomuiños SL)
  • Francisco L. Valladares (Casa Ánxel SC)
  • Gonzalo Hermida Carreiras (Camperos Villalba SL)
  • Juan Carlos Juncal (Dime Salnés)
  • Julio Domínguez Fernández  (Leche de Galicia SLU)
  • María Ana Corredoira (Granxa A Cernada SC)
  • María Concepción Blanco Montecelo (Casa Bértolo)
  • Miguel Casal Fernández (Novafrigsa SA)
  • Mónica Brey Baltar
  • Rocío Freire (Alibos Galicia)
  • Sergio Boado Seoane (Granxas de Lousada SC)
  • Sotero Sanpedro Castro (Celtaverde SL)

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.