Arquivos da etiqueta: trasdezanatur

Trasdeza Natur recibe un dos premios finalistas do programa TalentA 2021

A firma silledense (Pontevedra) Trasdeza Natur continúa cultivando premios. O proxecto de María José Tallón obtivo un dos dous premios finalistas do programa TalentA 2021 ao emprendemento rural. O premio está organizado, por segundo ano, por Corteva Agrisciencie e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais en España (Fademur).

Tallón foi pioneira na técnica de deshidratado solar de froitas e verduras procedentes da súa horta de cultivo ecolóxico, xa que emprega como fonte a enerxía solar. Trátase dunha nova forma de almacenamento que brinda unha durabilidade máis longa coa garantía de ter froitas ou verduras con todas as súas propiedades, ademais adáptanse aos novos tempos e retos culinarios.

A horta ecolóxica foi impulsada por Tallón na súa  casa materna que, xunto coas leiras, estaba en desuso e risco de deterioración progresiva. Este proxecto situado na parroquia de Cortegada tamén está entre o oito proxectos que selecciona a Rede Rural Nacional para os Premios de Inspiración Rural 2021 que convoca a Rede Europea de Desenvolvemento Rural.

A emprendedora silledense suma máis premios. Máis información.