Arquivos da etiqueta: Premios Excelencia

O MAPA convoca os Premios Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou a convocatoria da XII edición dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais correspondentes ao ano 2021. Estes premios, convocados anualmente desde o ano 2010, son unha das das principais liñas de recoñecemento do Goberno de España ao traballo, proxectos e traxectoria destacables das mulleres no medio rural.

Con eles, búscase dar visibilidade ao labor que desempeñan as mulleres do medio rural e á súa contribución imprescindible no desenvolvemento destes territorios, coa posta en marcha de proxectos que son moitas veces expoñentes da diversificación económica, a innovación e o emprendemento no territorio rural.

Inclúen catro categorías: excelencia á innovación na actividade agraria, excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola, excelencia á innovación na diversificación da actividade económica do medio rural e excelencia á comunicación. En cada unha delas premiaranse tres iniciativas e concederanse un primeiro, segundo e terceiro premio de 18.000, 12.000 e 7.500 euros, respectivamente. A estas categorías súmase un premio extraordinario de carácter honorífico: recoñecemento especial pola traxectoria vinculada ao apoio ás mulleres no medio rural.

Cabe lembrar que na edición celebrada o pasado ano, foi galardoada María José Tallón, fundadora de Trasdeza Natur, unha horta ecolóxica que ten en Silleda (Pontevedra) cun sistema pioneiro para deshidratar froitas e verduras con enerxía solar, que a levou a recoller o 3.º Premio na categoría de Actividade Agraria.

O prazo de presentación das candidaturas a estes premios finaliza o 4 de xuño de 2021, un mes despois do seu anuncio no BOE.

Toda a información

Formularios de inscrición