Arquivos da etiqueta: Palacio de Oriente

Máis de 20 empresas eco apúntanse a Biocultura Madrid 2019

Biocultura Madrid 2018. Stand Craega
Stand do Craega en Biocultura Madrid 2018

Por cuarto ano consecutivo, o Craega estará en Biocultura Madrid. Considerada unha das feiras máis importantes do Estado, terá lugar entre o 7 e o 11 de novembro en Ifema. Con enorme interese para o sector, desta vez inscribíronse máis de 20 empresas certificadas.

Dirixida a profesionais e consumidores, a Asociación Vida Sana prevé a participación de 800 expositores e 74.500 visitantes. En paralelo, a organización está traballando nun intenso programa con máis de 400 actividades para que a 35ª edición de Biocultura Madrid sexa un éxito.

O pavillón 10 de Ifema está reservado para máis de 18.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica. No recinto tamén haberá oco para produtos de hixiene e cosmética con ingredientes certificados. A moda sostible e todo o relacionado coa vivenda estará no pavillón 8.

No stand do Craega compartirán espazo 24 empresas: Biowak, Tés Paporroibo, Bodega Luz de Estrelas (Manuel Céspedes Rodríguez), Mieles Anta, Celtaverde, Algas La Patrona, Pecado de Outono, Baronceli Agricultura Ecolóxica (Conservas do Támega), Cerveza Celebridade Galega (Cervexa Monte Rei), Jamones González, Producto de Aldea, Galician Brew, Galuriña, empanadas de algas, Gudi Eco Foods, BioAlacena (Mule System), Mirabel do Rosal / Alén do Val, The Bio Factory (A Factoría Ecolóxica), Sovoral Apicultura Orgánica, Camoco Foods By Belgosuc, Bubela Artesá, Cervexa Toupiña (Kalinka Lagazós), Palacio de Oriente (Conservas Antonio Alonso SA), Milhulloa, Dona Cobiña (Cobideza Sociedade Cooperativa) e Arqueixal.

Éxito do CRAEGA en Biocultura Barcelona 2019

O CRAEGA participou na 26ª edición de Biocultura Barcelona cun stand de 66 m2

O sector eco galego regresa satisfeito da 26ª edición de Biocultura Barcelona. As trece empresas que acudiron á feira baixo o paraugas do CRAEGA coinciden en sinalar o éxito de ventas dunha convocatoria que medra ano tras ano. Celebrada entre o 9 e o 12 de maio, pechou cunha cifra superior aos 74.000 visitantes, segundo o balance da organización.

Dirixido a consumidor e profesionais, a que acolle o Palau Sant Jordi constitúe un escaparate excepcional para introducir o produto ecolóxico galego na franxa mediterránea. No stand agrupado do Consello -66 m²- compartiron espazo Toca (Mieles Anta), Sovoral, Paporroibo, Biowak, Casa Castelao, Galician Brew, Terra de Baronceli, Pecado de Outono, Orballo, Producto de Aldea, Cervexa Celebridade Galega, Green Mixology e Galuriña. O CRAEGA participou na feira por terceiro ano consecutivo e, a tenor da boa impresión dos operadores, de seguro que non será a última.

ÉXITO DE TUTTO FOOD. Tamén a principios de maio, entre os días seis e nove, o eco galego viaxou ata Milán para sumarse a Tutto Food 2019. Cunha participación récord de 82.551 operadores, a última edición vén confirmar que xa é unha plataforma clave para a industria alimentaria de Italia.

Cun espazo propio no posto que habilitou a Consellería do Mar, o CRAEGA contou alí cun representante que viaxou cos produtos de oito operadores inscritos: HQSeawed, Jamones González, Casa Castelao, El Molino de Isabel, Gudi Eco Foods (Eco Bracan), Palacio de Oriente, Mieles Anta e Porto-Muíños.

GALERÍA DE BIOCULTURA BARCELONA 2019