Arquivos da etiqueta: PAC

Aberto o prazo de solicitudes para as axudas directas da PAC

  • Dende o pasado 1 de febreiro e ata o vindeiro 30 de abril os produtores poden presentar a solicitude única de axudas directas da Política Agraria Común (PAC) para a campaña 2021.
  • Tras rematar o período de aplicación 2014-2020 da actual PAC, esta norma asegura un marco estable para que agricultores e gandeiros poidan percibir 7.200 millóns de euros en cada ano (2021 e 2022), ata a entrada en vigor da nova PAC.

O Consello de Ministros aprobou o 26 de xaneiro o real decreto polo que se establecen as disposicións específicas para a aplicación en 2021 e 2022 dos decretos que rexen a xestión da Política Agraria Común (PAC) en España.

Esta norma, que adapta o regulamento europeo de transición aprobado en decembro, permitirá continuar coa aplicación da PAC durante o bienio citado, ata a aprobación definitiva no ámbito comunitario da nova reforma desta política e o Plan estratéxico nacional da PAC, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023.

Información completa: https://www.fega.es/es/noticias/node-53616

BOE.es – Sumario del día 27/01/2021

A converxencia entre agricultores levarase a cabo de xeito gradual

O secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda, recoñeceu que desde o Ministerio está a acelerarse a converxencia das axudas prevista na PAC e, en concreto no período transitorio de dous anos, e que comezará o día 1 de febreiro. E o justifica porque «este Goberno só seguindo sobre todo as recomendacións da Comisión Europea, para concluír un proceso que se dilata máis que na maioría de Estados membros, en que xa está concluído», aínda que aclara que se fará de forma gradual, de maneira que os agricultores poidan ir adaptándose».

Información completa

Fonte: agroinformacion.com

 

As comunidades da cornixa cantábrica reclaman ao Goberno central que teña en conta as súas peculiaridades na aplicación da futura PAC

As comunidades autónomas da cornixa cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco) coinciden en reclamar ao Goberno central que teña en conta as súas peculiaridades no deseño e a aplicación da futura PAC 2023-2027.

Os conselleiros de Medio Rural destes catro territorios subscribiron o pasado martes 19 de xaneiro por vía telemática un documento conxunto coa súa postura común ao respecto. Así, o texto foi asinado por José González, conselleiro de Medio Rural de Galicia; Alejandro Calvo, consejero de Medio Rural y Cohesión Territorial de Asturias; Guillermo Blanco, consejero de Desarrollo Rural, Ganadería, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente de Cantabria, e Arantxa Tapia, consejera de Desarrollo Económico, Sostenibilidad y Medio Ambiente do País Vasco.

Os territorios que conforman a cornixa cantábrica teñen en común unhas características peculiares, como as súas explotacións, que na maioría dos casos teñen un tamaño pequeno ou mediano e un carácter profesional, pero eminentemente familiar. Explicaron, ademais, que a súa orientación produtiva ten que ver sobre todo con sectores gandeiros coma o lácteo, algo que as diferencia doutras zonas de España. Por iso, as catro comunidades defenden que o Plan Estratéxico nacional da PAC se apoie e recoñeza ese modelo de explotación familiar agraria sustentable do norte de España.

Neste contexto, as autonomías cantábricas esixen a Madrid —desde unha posición “construtiva e leal”— que teña en conta esas peculiaridades e amosan a súa preocupación pola orientación “mediterránea” que semella estar adoptando o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación á hora de trasladar ao ámbito nacional os postulados da nova PAC.

 

AXUDA BÁSICA Á RENDA

Así, por exemplo, indicaron que na axuda básica á renda dos agricultores e gandeiros é preciso ter en conta que as comunidades do Cantábrico teñen unha porcentaxe de superficie con dereitos de pago moi inferior á media española. Este desequilibrio debe corrixirse como paso previo a unha eventual transición cara un sistema de pago por superficie. A maiores, no documento considérase “inaceptable” que se propoña a incorporación das superficies de viñedo, froitas e hortalizas —ata agora excluídas e nas que a zona mediterránea resulta claramente beneficiada—, e ao mesmo tempo se dificulte a entrada de superficies doutros usos ou sistemas produtivos (como os pastos arbustivos).

Por outra banda, os conselleiros trasladaron que, no deseño das axudas á renda, é imprescindible que se reflictan, a nivel de toda España, as diferentes realidades existentes, no plano agronómico e socioeconómico. Así, engadiron, deben terse en conta tanto as diferenzas existentes entre as dimensións económicas das distintas explotacións como aquelas que se dan entre as diversas orientacións produtivas dos diferentes territorios.

Con respecto ás axudas acopladas (asociadas aos diferentes sectores), para estas comunidades, segundo explicou González, é prioritario que se manteñan para os sectores de vacún de leite, de carne e ovino-caprino cunha dotación polo menos similar ao período 2014-2020.

Sobre o capping ou límite de axudas, o documento conxunto insiste na necesidade de establecelo nos 60.000 euros por explotación e ademais amosan a súa preocupación porque estes mecanismos pasan a ser voluntarios para os países e non de obrigado cumprimento.

 

AGRICULTOR XENUÍNO

En relación coa definición de agricultor xenuíno, avógase por establecer unha porcentaxe mínima, que se propón do 30 %, dos ingresos agrarios sobre os totais, excepto para os afiliados á Seguridade Social como traballadores por conta propia no sector agrario. Advírtese, ademais, como inadecuada a proposta do MAPA de incluír a aquelas persoas que perciben menos dun certo volume de axudas directas, con independencia dese peso dos ingresos na súa renda. Isto, dise no texto acordado, “desnaturaliza a propia definición de agricultor xenuíno”.

No que atinxe ao pago redistributivo, as catro comunidades amosan o seu desacordo con que a súa aplicación deixe de ser obrigatoria para facerse voluntaria e reclaman un orzamento “ambicioso”, cun maior pago ás primeiras hectáreas, para beneficiar ás pequenas explotacións, a aquelas cunha dependencia significativa dos ingresos agrarios e sempre dando prioridade aos agricultores profesionais.

ECOESQUEMAS

Sobre os ecoesquemas, unha nova liña de axudas comunitarias que priman a sustentabilidade ambiental, as comunidades cantábricas apoian que se destine a estas axudas o 20 % do montante dispoñible para pagos directos. Porén, lamentan que os ecoesquemas propostos polo MAPA aborden problemáticas e realidades produtivas características, principalmente, do centro e sur peninsulares, quedando a España húmida moito máis desatendida. Por iso, demandan, entre outras cuestións, a modificación das propostas do Ministerio e engadir outros ecoesquemas adicionais, para atender a súa realidade. A maiores, defenden introducir, de modo transversal, melloras como a de aplicar un complemento vinculado á prevención de incendios ou a de incorporar unha modulación da axuda por estratos de tamaño.

Por último, sobre o segundo piar da PAC (desenvolvemento rural), a reclamación das autonomías cantábricas pasa por un incremento das asignacións dos fondos europeos de polo menos o 5 % para elas, tendo en conta as súas necesidades. Ademais, con respecto ao cofinanciamento, demandan que se recupere o equilibrio entre as achegas da Administración central e das comunidades autónomas que se rompeu no período 2014-2020 e consideran que o deseño das intervencións deste segundo piar debe ser realizado por cada comunidade autónoma, en función da realidade e necesidades específicas do seu medio rural.

As prácticas para mellorar o benestar animal terán compensación nos ecoesquemas

Unha das metas é diminuír á metade o uso de antibióticos de agora a 2030 

A Comisión Europea publicou o pasado xoves 14 de xaneiro unha lista de accións que, na futura Política Agrícola Común (PAC), lles permitirán a agricultores e gandeiros ser compensados a través dos ecoesquemas por contribuír a unha produción máis sustentable, por exemplo a través da mellora do benestar animal.

Sen ser unha lista exhaustiva, enumera algunhas actuacións que axudarán a conseguir os obxectivos do Pacto Verde europeo, entre os que se inclúe a redución á metade do uso de pesticidas para 2030 e lograr que, polo menos, un 25 % de cultivos sexan orgánicos con vistas ao mesmo ano. Outra das metas é baixar á metade a utilización de antibióticos en animais de agora a 2030.

A lista publicada inclúe en particular as prácticas de agricultura ecolóxica, así como a xestión integral de pragas, ademais de accións de “agroecoloxía”, que comprenden por exemplo as técnicas alternativas de cultivo do arroz para reducir as emisións de metano ou o uso de cultivos ou variedades de plantas máis resistentes ao cambio climático.

Información completa

Fonte: https://www.efeagro.com/

A UE amplía ata o 15 de xuño a solicitude da PAC

A Comisión Europea vén de ampliar a solicitude das axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o 15 de xuño. Nun principio, o prazo expiraba o 30 de abril e o Goberno español decidiu prorrogalo ata o 15 de maio a causa da crise do coronavirus. Ademais, desde o Ministerio de Agricultura solicitouse a Bruxelas que estendera un mes máis o calendario para xestionar as subvencións, petición que finalmente foi aceptada. 

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), en colaboración coas comunidades autónomas, fomentará a presentación telemática da solicitude única e favorecerá as distintas alternativas que permitan aproveitar ao máximo estos mecanismos. 

ENLACE AXUDA:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0426-120220-0001_gl.html

AMPLIACIÓN DA UE: https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:32020R0501&from=ES

PRAZO: 15/06/2020

Aberto o prazo para solicitar as axudas da PAC

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería de Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control (coñecidas como PAC). Os interesados poderán presentar de forma telemática a solicitude única, desde hoxe e ata o vindeiro 30 de abril

O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 216 millóns de euros, dos cales 170 millóns corresponden aos pagamentos directos da PAC e máis de 46 millóns de euros a medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).

Prevese que uns 27.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria e que son de gran interese para o sector primario.

A Consellería do Medio Rural traballa con máis de 50 entidades colaboradoras para prestar apoio ás persoas interesadas nestas achegas, como son as entidades bancarias, asociacións agrarias, organizacións profesionais e as entidades de aconsellamento.

ENLACE AXUDA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0426-120220-0001_gl.html

PRAZO: 30/04/2020 

Xornada en Lugo para mellorar a produción do leite ecolóxico

Mellora da produción do leite ecolóxico en Galicia é o título da xornada gratuíta que terá lugar o venres 22 de febreiro en Lugo. Dirixida a gandeiros de vacún do Craega (ou en proceso de certificación), a actividade está organizada por Agronovo en colaboración co Consello. Na sesión abordaranse cuestións como os aspectos a ter en conta para garantir o benestar animal, así como os novos requisitos normativos. Neste sentido, haberá intervencións vencelladas á PAC e ás esixencias que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Tamén se falará sobre as vantaxes que o asociacionismo ten para os produtores de leite ecolóxico.

O programa arranca ás 10.30 h. no recinto feiral de Lugo coa acreditación dos participantes. O primeiro relatorio (11.15 h.) correrá a cargo de Isabel Blanco Penedo, da Swedish University of Agricultural Sciences (Suecia). Virá despois (12 h.) a quenda de Manuel Cancio Álvarez, director técnico do Craega. Disertará sobre a situación actual e os próximos cambios normativos do leite. O último relatorio (13 h.) será o de Xisela Fernández e Javier Villanueva, técnicos de Agronovo. Leva o título de Vantaxes dunha agrupación de produtores de leite ecolóxico.

O Craega mantén en 2018 a liña ascendente e, segundo os datos provisionais, pechará o exercicio cunha facturación superior aos 80 millóns de euros. A subida apóiase no incremento da superficie certificada (15%) e dos operadores (13%). A maior parte dos novos inscritos localízase na provincia de Lugo.

A inscrición é gratuíta. Basta con enviar un e-mail a info@agronovo.es ou ben chamar aos teléfonos 982246762 ou 678645549. Para descargar o programa completo, premer aquí.