Arquivos da etiqueta: #DOG

A Xunta fixa as bases reguladoras para solicitar os fondos Nex Generation dirixidos á agricultura e gandería

O Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 84, do 2 de maio de 2022) publica as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandería, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation.

O obxectivo é adoptar as reformas estruturais necesarias, alcanzando un nivel de investimento que promova o cambio no modelo de produción agrícola e gandeira con resultados beneficiosos para a sociedade, a economía e o medio ambiente.

As prioridades do marco xeral do Plan de recuperación, transformación e resiliencia permitiron a definición dunha liña de investimentos específica para darlles resposta ás necesidades de mellora da competitividade e sustentabilidade dos produtores de cultivo baixo invernadoiro nos sectores de hortalizas, flor cortada e planta ornamental, favorecendo así unha adecuada transición ecolóxica. Tamén se considerou conveniente apoiar investimentos, no ámbito das explotacións agropecuarias, encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética, así como a xeración de enerxía a partir de fontes renovables, en particular biogás e biomasa agrícola. Así mesmo, inclúese un programa de apoio dirixido á agricultura e gandería de precisión, que poden contribuír de maneira significativa á seguridade alimentaria, á inocuidad dos alimentos, e a promover unhas prácticas agrarias máis sustentables.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos V, VIN, VII ou VIII) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información

Aberto o prazo de axudas para reposición dos animais como consecuencia do sacrificio obrigatorio

A Consellería do Medio Rural establece as bases para a concesión de axudas de compensación complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e caprino, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e convócanse para o ano 2022.

Toda a información:

Orde do DOG n.º 36  de martes 22 de febreiro

Medio Rural publica a orde para solicitar axudas para a creación de empresas para as persoas argicultoras mozas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, establece as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Información completa: 

DOG n.º 27 de mércores 9 de febreiro

Aberto o prazo de solicitude das axudas para plans de mellora, incorporación de mozos e mozas ao agro e desenvolvemento de pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia (DOG), núm. 27, 9 de febreiro, publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas destinadas a plans de mellora nas explotacións agrarias, á creación de empresas por parte de agricultores novos e ao desenvolvemento de pequenas explotacións, cun orzamento global de 37,5 millóns de euros. 

Estas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2024, teñen como obxectivo garantir a continuidade do tecido agrario, así como incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización.

Para a concesión das subvencións convocadas destínase un crédito de 37.500.000 euros, repartidos en 20 millóns de euros para investimentos nas explotacións agrícolas, confinanciados co Feader; 15 millóns para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiados a través do instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), e 2,5 millóns para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciados co Feader.

O prazo de solicitude é dun mes, contado desde o 10 de febreiro.

DOG completo

A Xunta convoca as axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

A Consellería do Medio Rural estableceu as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convócanse para o exercicio orzamentario de 2022.

Para a concesión das subvencións convocadas destínase un crédito máximo total de 27.000.000 euros dos orzamentos de 2022, 2023 e 2024. O prazo de presentación das solicitudes para as subvencións desta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, nú. 25, 7 de febreiro.  O prazo de presentación de solicitudes de préstamos garantidos desta convocatoria finalizará o día 30 de marzo de 2022.

DOG completo