Arquivos da etiqueta: cursos Agacal Craega

O Craega e Agacal ofrecen cursos formativos para pasarse á produción ecolóxica

 

O Craega e a Agacal organizan unha nova actividade formativa para o mes de outubro. Nesta ocasión trátase de cursos para informar a todas aquelas persoas que están interesadas en pasarse á produción en ecolóxico, polo que se tratarán temas como os prazos de axudas, nova normativa, requisitos, sistemas de produción e novas estratexias produtivas.

O primeiro  dos cursos terá lugar en Lugo, o vindeiro luns 25 de outubro, no Edificio Administrativo Multiusos, en horario de 9-14 horas

Máis información:

635 013 323 | beealia@gmail.com

Formulario de inscrición nesta ligazón. Ao final desta ligazón hai un despregable no que se poden ver os lugares e as datas previstos ata o momento. Lembrade que para o desenvolvemento destes cursos precísanse xuntar un mínimo de 10 alumnos/as.

Outros cursos confirmados:

  • 27/10 na Casa da Cultura de Ordes (A Coruña)
  • 28/10 en Becerreá (Lugo)
  • 29/10 no Salón de Actos dos Chaos (A Fonsagrada)
  • 02/11, Centro de promoción económica de Allariz
  • 03/11 Castelo de Castro Caldelas
  • 04/11 Casa da Cultura de Viana do Bolo
  • 05/11 Liga Santaballesa de Vilalba
  • 06/11 Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea
  • 22/11 Casa da Cultura de Verín

O curso sobre o novo regulamento europeo en ovino-caprino celebrarase o 14 de outubro

Tal e como estaba previsto, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organizan un novo curso sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022; desta volta está centrado na produción en ovino-caprino e desenvolverase na Casa da Cultura de Guntín (Lugo) pero no lugar de ser o martes 13 de outubro será un día máis tarde, o mércores 14 de outubro.

Coma o resto dos cursos previstos, terá lugar en xornada única, cun total de 7 horas de duración, con contido teórico en sesión de mañá (10:00-14:00 horas) e contido práctico en sesión de tarde (15:30-18:30 horas), con visita a unha explotación.

Lembrade que estas actividades son totalmente gratuítas e están abertas a calquera persoa interesada.  Tedes toda a información e inscricións en Agronovo.

 

Curso sobre o novo regulamento en ovino-caprino ecolóxico en Guntín

 

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organizan un novo curso sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022; desta volta está centrado na produción en ovino-caprino e desenvolverase na Casa da Cultura de Guntín (Lugo) o día 13 de outubro.

Coma o resto dos cursos previstos, terá lugar en xornada única, cun total de 7 horas de duración, con contido teórico en sesión de mañá (10:00-14:00 horas) e contido práctico en sesión de tarde (15:30-18:30 horas), con visita a unha explotación.

Lembrade que estas actividades son totalmente gratuítas e están abertas a calquera persoa interesada.  Tedes toda a información e inscricións en Agronovo.

Información sobre outros cursos

Curso en Chantada dirixido á produción porcina ecolóxica

Curso de comercialización de mazá ecolóxica na Estrada

A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, en colaboración co Craega, organiza un novo curso de produción ecolóxica. Desta volta a formación está dedicada á comercialización de mazá ecolóxica, que terá lugar o 28 de setembro no Museo do Moble da Estrada (MOME) da Estrada (Pontevedra)

Coma no resto dos cursos, a xornada estenderase todo o día: pola mañá, a partir das 9:00 horas, trataranse temas como a situación do mercado da mazá ecolóxica, o novo regulamento e a comunicación ambiental de produtos ecolóxicos; a sesión matutina finalizará cun coloquio para todos os asistentes.  Pola tarde, a partir das 16:00 horas, levarase a cabo unha visita práctica.

As solicitudes poden enviarse a clientes@sinerxia.es.