Arquivos da etiqueta: Comisión Europea

Varios eurodeputados solicítanlle á comisaria de Sanidade da UE a regulación do uso do termo ‘natural’ na etiquetaxe dos alimentos

Un total de 31 eurodeputados, a maioría membros do Grupo dos Verdes, fixeron chegar unha carta á comisaria de Sanidade da UE, Stella Kyriakides, na que lle solicitan á Comisión Europea que as leis europeas “establezan unha definición clara do termo ‘natural’ aplicado aos alimentos, que indiquen en que casos se pode usar na etiquetaxe para garantir a información dos consumidores, e que os produtos etiquetados como ‘naturais’ non conteñan nin transxénicos, nin substancias sintéticas e que sexan 100 % biodegradables”.

Ademais, os eurodeputados piden que nas etiquetas “a información sobre a orixe dos ingredientes e a composición real dos produtos sexa facilmente recoñecible polos consumidores”.

Na misiva, os parlamentarios lembran que “actualmente, a UE carece dunha definición legal do termo ‘natural’ para produtos alimenticios. En consecuencia, os fabricantes adoitan utilizalo para promover características dos alimentos que difiren case sempre da composición do produto final”.

A pesar desta falta de lexislación, as normas europeas sobre as declaracións de propiedades nutricionais e saudables dos alimentos si que mencionan explicitamente que os criterios de etiquetaxe de alimentos deben “ter como obxectivo evitar que as declaracións de propiedades nutricionais dun produto contribúan a esconder as súas auténticas características nutricional e poidan inducir a erro aos consumidores no momento de elixir opcións para unha dieta equilibrada”.

Para os eurodeputados asinantes, o uso libre que a industria alimentaria pode facer agora mesmo nos seus envases deste concepto estaría en contra deste principio básico que debe rexer a etiquetaxe de calquera produto á venda na UE.

Os europarlamentarios invocan un informe publicado recentemente por Safe Food Advocacy Europe que establece que, en xeral, os consumidores asocian o termo `natural´ con algo positivo, relacionado coa orixe, o mínimo procesado e a ausencia de aditivos. Posto que se pode usar este concepto libremente a pesar de que o produto conteña aditivos e sexa un ultraprocesado, o informe concluía que os consumidores que compran estes alimentos basean as súas eleccións en supostos incorrectos.

Información completa

Fonte: La Vanguardia | autor: Albert Molins

 

 

Bruxelas quere aprazar un ano a estrea da nova normativa de agricultura ecolóxica

A Comisión Europea (CE) propón aprazar un ano a entrada en vigor do novo regulamento de produción ecolóxica. Se a prórroga se aproba, a estrea da normativa retrasaría ata xaneiro de 2022, é decir, un ano despois do inicialmente previsto.

O novo regulamento prevé a adopción de numerosos actos delegados e medidas de execución para especificar as normas técnicas vinculadas (produción ecolóxica, certificación en grupo ou sistema de control ecolóxico).

En paralelo, a CE vén de poñer en marcha unha consulta pública (ata o 27 de novembro) sobre o futuro Plan de Acción para a agricultura ecolóxica. Enmarcado no Pacto Verde Europeo, un dos seus obxectivos prioritarios é acadar que o 25% da superficie agraria total da UE sexa orgánica.