Arquivos da etiqueta: cita previa

O Craega habilita un sistema de cita previa a causa da COVID-19

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) retomou xa totalmente a súa actividade trala paréntese derivada da COVID-19. Para evitar aglomeracións e organizar de forma axeitada a atención ao público, o Consello decidiu establecer un novo sistema de cita previa nas oficinas centrais de Monforte de Lemos (ronda Mª Emilia Casas Baamonde, s/n – Edificio Multiusos).

Este método pretende minimizar os riscos de exposición ao coronavirus reducindo os contactos entre persoas. Ademais, aqueles que non poidan resolver as súas dúbidas de xeito telemático terán ocasión de elixir o día e a hora para aforrar tempo. A cita pode tramitarse a través destas dúas vías cun mínimo de 48 h de antelación:

  • Correo electrónico: craega@craega.es
  • Teléfono: 982405300
  • Horario: 08.00 – 15.30 h | 16.30 – 19 h  (de luns a venres). 

Ao igual que sucede nos principais inmobles de titularidade municipal, no Edificio Multiusos mídese a temperatura corporal de todos os usuarios que acceden ás instalacións. Enlace á web do Concello de Monforte: https://bit.ly/2UVHD2t