Arquivos da etiqueta: Catas de Queixos

Carrera Valín (Arqueixal): “O modelo intensivo tal e como se concibiu está caducado”

Xosé Luís Carrera Valín leva as rendas de Arqueixal, un proxecto integral que defende un modelo de vida sostible desde o corazón da Ulloa. Os seus lácteos non deixan de recibir parabéns, tanto do consumidor de a pé como dos xurados de reputados certames. O último vén da man da XXII Cata dos Queixos de Galicia. O que se fai en Palas de Rei (Lugo) mereceu o ouro na categoría DOP Arzúa Ulloa Curado.  

Para Carrera Valín, a produción ecolóxica marcará o referente para un cambio global. “Estou convencido de que o modelo intensivo tal e como foi concibido ata agora está caducado”.