Arquivos da etiqueta: axudas medio rural

Medio Rural dá a coñecer diversas axudas vinculadas ao sector agrogandeiro

Durante a primeira quincena de xaneiro a Xunta de Galicia, a través das súas consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, fixo públicas no Diario Oficial de Galicia unha serie de axudas vinculadas ao sector agrogandeiro.

Facilitámosvos as ligazóns das ordes nas que se especifican as devanditas axudas co fin de que poidades informarvos daquelas que sexan do voso interese:

DOG número 5 | Luns, 11 de xaneiro de 2021

DOG Nº 7 | Mércores 13 de xaneiro de 2021

DOG número 8 | Xoves, 14 de xaneiro de 2021

DOG número 9 | Venres de 15 de xaneiro de 2021

Resolución de 22 de decembro pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para erradicación e control da praga guatemalteca

 

 

Axudas para incorporar terras ás explotacións na provincia de Lugo

Xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para aqueles produtores da provincia de Lugo que desexen recuperar e incorporar terras á súa explotación. Cunha contía de 100.000 euros, o importe máximo por petición é de nove mil euros. Segundo as bases que figuran no Boletín Oficial da Provincia (BOP), ás subvencións poden acollerse gandeiros ou agricultores individuais, sociedades agrarias de transformación e persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións. Tamén se dirixen a aqueles que asuman o seu compromiso de incorporación á agricultura ou gandería e comunidades de bens e sociedades civís que sexan titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O prazo de solicitude péchase o 7 de xuño.