fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega asinou un convenio de colaboración coa Agacal e coa IXP Ternera Gallega para promover a carne de Ternera Galega Suprema con certificación ecolóxica

Esta mañá, o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Francisco López, reuniuse co director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, e co presidente da IXP Ternera Gallega, Jesús González, para asinar un convenio de colaboración que busca levar a cabo de maneira conxunta actividades de control e de promoción da carne Ternera Galega Suprema que conte coa certificación de produción ecolóxica.

A principal finalidade deste acordo é a identificación no mercado desta carne, que ten unha dobre certificación cunha etiqueta específica conxunta. Así, o Craega comprométese a colaborar nas tarefas de certificación e control da carne e a organizar actividades de promoción específica para esta produción co apoio da Agacal.

Dentro da IXP Ternera Galega, correspóndese como Suprema a que se cataloga como procedente de animais que se crían en ganderías con vacas nai, que teñen un período de lactación materna de mínimo sete meses e cuxo sacrificio se fai antes dos dez. En 2022, o volume de produción desta carne superou as 12.000 toneladas. A que cumpra coas normas da produción ecolóxica etiquetarase cunha marca específica e o distintivo servirá para que os consumidores identifiquen facilmente esta carne.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.