fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Regulamentos e normativa

Listado de regulamentos europeos, regulamento de funcionamento e normativa para os operadores ecolóxicos

Para dar cumprimento ao punto 7.10 da norma ISO/IEC 17065:2021 e como medio para garantir que o CRAEGA notifique a todos os seus clientes os cambios no esquema de certificación, tanto pola introdución de novos requisitos como por novas revisións, utilízase a web www.craega.es onde atoparás nas seccións “Regulamentos, normativas, resolucións e guías” e “Oficina Dixital” os documentos sempre actualizados para a túa consulta.

Ademais, todos os empadroados no CRAEGA recibirán un aviso cando se produzan novos requisitos ou revisións para que poidan ser consultados nesta páxina web.

Últimos documentos actualizados: Procedemento 4 “Control e Certificación”, Norma técnica de Acuicultura e Procedemento 8 “Xestión de obrigas, incumprimentos e medidas disciplinarias”. Data xuño 2023.


Finalmente, tras multitude de procesos de negociación, o 14 de xuño de 2018 publicouse o Regulamento (UE) 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe de produtos ecolóxicos, polo que se derroga o actual. Regulamento (CE) no 834/2007 do Consello.

Como xa sabedes, o presente Regulamento (UE) 2018/848 entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2022. Podes consultar aquí o devandito Regulamento (UE) 2018/848 e os actos delegados ou de execución adoptados de conformidade co dito Regulamento.

Dende o CRAEGA poñemos á vosa disposición toda a normativa en aplicación dende o 1 de xaneiro de 2022.

– Normativa principal –(entrada en vigor 01/01/2022)

– Normas técnicas de produción ecolóxica –

– Outra normativa e modificacións –

– Documentos establecidos por AGACAL

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.