A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Meira, en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a xornada formativa ‘Fertilización ecolóxica de millo e pradeiras…’ Pódese elixir entre modalidade presencial ou semipresencial.
- Semipresencial: compaxina unha sesión online (10/11/2020) cunha visita a unha explotación de Crecente (13/11/2020).
- Presencial: a sesión teórica terá lugar na Casa da Cultura de Meira (12/11/2020) e, na mesma xornada, visitarase a granxa de Crecente.
- Horario: 11.30-14 h | 15.30-18.30 h
- Contidos: como rexenerar un solo adicto aos abonos químicos e alimentalo para mellorar a produción. Realización dunha análise de perfil de solo.
- Prezo: gratuíto (prazas limitadas).
- Carteis: presencial e semipresencial.
- Formulario de inscrición: https://bit.ly/2SSSJnB (remitir cuberto a oac.seca.meira@xunta.es ou entregar presencialmente na oficina antes dos días 9 -online- e 11 de novembro -presencial-).
- Máis información: 982870513