Obradoiro de sementes para familias no Museo de Historia Natural da USC

O CRAEGA organiza unha actividade para toda a familia en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago (USC). Baixo o título Érase unha vez unha semente, os participantes terán ocasión de achegarse á agricultura ecolóxica como un sistema de produción alternativo que ten a súa orixe no principio dos tempos. 

  • Onde: Museo de Historia Natural Luís Iglesias, da Universidade de Santiago. 
  • Cando: 14 de decembro. (de 11 a 13 h).
  • A quen se dirixe: Maiores de idade e nenos de 6 a 12 anos (acompañados dun adulto).
  • Inscrición: Ficha adultos e ficha familias.
  • Prezo: Gratuíto. 
  • Máis información: https://bit.ly/2RgRSxk