Iniciación e mellora da gandería de ovino/cabrún

A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos  (Consellería do Medio Rural) organiza o curso ‘Iniciación e mellora da gandería de ovino/cabrún’.  Na actividade colabora a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

  • A quen se dirixe: agricultores/as en activo e persoas con solicitude ou intención de incorporación á actividade agraria. 
  • Contidos: aspectos básicos das ganderías de ovino e cabrún (censos, razas, situación do sector); instalación e sistemas de manexo; protección fronte á fauna salvaxe; iniciación e/ou transición á gandería ecolóxica; sistemas de comercialización da produción, etc. O programa péchase con visitas a ganderías. 
  • Programa completo: https://bit.ly/36D6mQ2
  • Cando: 19, 20, 21 e 22 de outubro.
  • Horario: de 09.00 a 14.00 h (todos os días). O 22 de outubro tamén haberá formación de 15.00 a 19.00 h. 
  • Onde: Aula Multimedia do Concello de Abegondo. Localizador: https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7
  • Formulario de inscrición:  https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt
  • Presentación de solicitudes: preferentemente a través da sede electrónica (https://bit.ly/33onvcZ), Oficina Agraria Comarcal de Betanzos ou por correo electrónico (oac.seca.betanzos@xunta ou diego.miranda@marinasbetanzos.gal).